Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 12. Transformer
A evolución temporal do tipo reciclador lévanos ao designado como "Transformer", onde os creadores locais da paisaxe, investidos con toda a xenialidade que require as grandes ocasións, adecúan ás súas necesidades vitais os novos elementos que se incorporan no seu ámbito vital, xerando con iso exemplos notorios de feísmo. A medida que foi descendendo o número de viaxeiros en autobuses de liñas interprovinciais, incrementouse a aparición de marquesiñas destinadas a albergar estes. O paradoxo da situación leva a que moitas marquesiñas sexan rapidamente camufladas polo desenvolvemento de hedras, silveiras ou outra vexetación vizosa que inadecuadamente se designa como malas herbas. Pola contra, outras marquesiñas que se manteñen sen o tapiz vexetal foron obxecto de distintas transformacións por parte da poboación local. En Internet recóllense creacións xeniais e rompedoras, que por desgracia adoitan ser unanimemente consideradas como elementos representativos de feísmo das nosas agónicas paisaxes rurais e urbanas.
$query_Recordset12 = sprintf("SELECT * FROM fotos where articulo =".$row_Recordset1['id']);
echo $query_Recordset12;
mysqli_set_charset($Pd_conexion,'utf8mb4');
$Recordset12 = mysqli_query($Pd_conexion,$query_Recordset12) or die(mysqli_error($Pd_conexion));
$row_Recordset12 = mysqli_fetch_assoc($Recordset12);
$totalRows_Recordset12 = mysqli_num_rows($Recordset12);?>