Manual de Hábitats de Galicia.
Matogueiras esclerófilas
Seguindo criterios ecolóxicos, a Directiva 92/43/CEE realiza unha diferenciación entre matogueiras temperadas (grupo 4), constituídas maioritariamente por elementos ericoides e matogueiras cuxos elementos dominantes presentan adaptacións de carácter esclerófilo ou subesclerófilo (grupo 5), entre as que se inclúen 4 tipos de hábitats, dos que soamente dous están presentes en Galicia de forma puntual. Trátase dos tipos 51 Matogueiras submediterráneas e de zona temperada e 52 Matogueiras arborescentes mediterráneas.

De entre os 2 únicos hábitats de interese comunitario do grupo Matogueiras esclerófilas existentes en Galicia, o tipo Nat2000 5120 - Formacións de montaña de
Genista purgans conta cunha presenza moi restrinxida, xa que unicamente se pode atopar dentro da Rede Natura de Galicia no macizo de Pena Trevinca, lugar considerado á súa vez LIC e ZEPA. A superficie estimada deste hábitat para este espazo sería de 20 ha. O hábitat Nat2000 5120 conta a nivel europeo cunha área de presenza reducida, do mesmo modo que no contexto galego, localizándose ademais de en España, en Portugal e Francia.
O outro tipo de hábitat do grupo Matogueiras esclerófilas presente en Galicia é o tipo prioritario Nat2000 5230* – Matogueiras arborescentes de
Laurus nobilis. No entanto, mentres que o tipo Nat2000 5120 mostra unha área de presenza restrinxida en Galicia, no caso do hábitat proritario Nat2000 5230*, a súa distribución é considerablemente máis ampla, localizándose en 16 LIC e 5 ZEPA.
MATOGUEIRAS SUBMEDITERRÁNEAS E DE ZONA TEMPERADA
Catro categorías integran o grupo das Matogueiras submediterráneas e de zona temperada, das que soamente o tipo Nat2000 5120 - Formacións de montaña de
Genista purgans está presente en Galicia.
MATOGUEIRAS ARBORESCENTES MEDITERRÁNEAS
Dos tres tipos de hábitats que integran a categoría de Matogueiras arborescentes mediterráneas, soamente as Matogueiras arborescentes de
Laurus nobilis están presentes en Galicia. O hábitat
Nat2000 5210 - Matogueiras arborescentes de
Juniperus spp. non se cita en Galicia pois non se coñecen comunidades vexetais en Galicia nas que aparezan especies do xénero
Juniperus de porte arborescente.
FICHAS HÁBITATS |
5120 |
Formacións de montaña de Genista Purgans
|
|
5230* |
Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis
|
|