Manual de Hábitats de Galicia. Versión Web (2017) Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. (Ramil-Rego et al. 2008)
No ano 2008, coincidindo co centenario da publicación da Flora ilustrada e Descritiva de Galicia (1905-1909), o IBADER publicaba en formato dixital o libro: Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. En homenaxe ao ilustre botánico galego, R.P. S.J. Baltasar Merino e Román [Lerma, Burgos, 06/01/1845, Vigo, Pontevedra, 03/06/1917].
Portadas do libro: Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia (Ramil-Rego et al. 2008)
O manual de hábitats galego tivo unha gran aceptación tras a súa publicación, logrando unha rápida e ampla difusión tanto en Galicia, como a nivel internacional. Transcorridos oito anos, a obra segue estando vixente, e constitúe unha referencia científico-técnica para a caracterización e descrición dos hábitats de interese comunitario en Galicia, acorde cos criterios establecidos pola Comisión Europea. Dada a súa vixencia e a fin de favorecer o acceso aos seus contidos, decidiuse incluír dentro da páxina web do IBADER unha versión que facilite o acceso aos distintos contidos e ás fichas de cada un dos tipos de hábitats.
O acceso público desta versión se inicial o día do Apóstolo (25/07/2017), do ano en que se celebra o centenario da morte de Baltasar Merino e Román. Con iso o IBADER quere sumarse aos actos que ao longo deste ano foron promovidos por distintas institucións e entidades galegas, en evocación do seu gran labor científico, que aínda segue sendo fundamental para o coñecemento da natureza de Galicia.
R.P. S.J. Baltasar Merino e Román [1845,1917] e portada do tomo III da Flora Descriptiva e Ilustrada de Galicia
Bibliografía de Baltasar Merino e Román no portal Albun dá Ciencia do Consello da Cultura Galega [Ligazón: CCG]
Autores: Pablo Ramil Rego; Manuel Antonio Rodríguez Guitián; Javier Ferreiro da Costa; Marco Rubinos Román; Luis Gómez-Orellana Rodríguez; Belén de Nóvoa Fernández; Boris Alejandro Hinojo Sánchez; Susana Martínez Sánchez; Carmen Cillero Castro; Ramón Alberto Díaz Varela; Patricia María Rodríguez González & Castor Muñoz Sobrino.
Título: Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Tomo 1.- Descrición e Valoración Territorial. Tomo 2.- Fichas Descritivas. Ano: 2008
Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B.; Hinojo Sánchez, B.A.; Martínez Sánchez, S.; Cillero Castro, C.; Díaz Varela, R.A.; Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Tomo 1.- Descrición e Valoración Territorial. Tomo 2.- Fichas Descritivas. Monografías do Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P. et al. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Tomo 1.- Descrición e Valoración Territorial. Tomo 2.- Fichas Descritivas. Monografías do Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P. & Crecente Maseda, R. (Coord.). (2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. Dirección Xreal de Conservación da Natureza, Conselleria do Medio Rural (Xunta de Galicia) & Instittuo de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, IBADER (USC). Santiago de Compostela. 1 Vol. 1-233 + 8 Anexos. [Enlace-IBADER]
$query_Recordset12 = sprintf("SELECT * FROM fotos where articulo =".$row_Recordset1['id']);
echo $query_Recordset12;
mysqli_set_charset($Pd_conexion,'utf8mb4');
$Recordset12 = mysqli_query($Pd_conexion,$query_Recordset12) or die(mysqli_error($Pd_conexion));
$row_Recordset12 = mysqli_fetch_assoc($Recordset12);
$totalRows_Recordset12 = mysqli_num_rows($Recordset12);?>