A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:
2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas (máximo 6 créditos en total)
1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 6 créditos en total)
IMPORTE DA MATRÍCULA
Taxa xeral:
120 € para os cursos de 25 ou máis horas
70 € para os cursos de menos de 25 horas
Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC:
70 € para os cursos de 25 ou máis horas
40 € para os cursos de menos de 25 horas
A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2021-22 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2021/22 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 17,50 €.
UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.
PRAZO DE MATRÍCULA
Ábrese o prazo o 9 de maio de 2022
Acaba o prazo, secuencialmente:
NON SERÁ POSIBLE REALIZAR A INSCRICIÓN FÓRA DESTES PRAZOS.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Consulten a lista de cursos, así como o programa de contidos do/s curso/s que lle poidan interesar. Unha vez que teña decidido o/s curso/s, pode formalizar a matrícula por tres vías:
1.- On-line
Directamente nesta páxina web, premendo sobre o botón MATRICÚLATE do curso desexado. Sigan as instrucións en cada paso.
Se o curso ten límite de alumno/as, a aplicación indicará se quedan prazas libres e, de non ser así, daralle a opción de entrar nunha lista de agarda. No caso de que se produza algunha baixa, recibirá unha notificación por se aínda desexa inscribirse.
O pagamento poderá realizarse directamente con tarxeta ou ben imprimindo a folla de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria, tendo 5 días naturais para facer o pago; de non ser así, a inscrición quedará cancelada. En calquera dos casos, haberá que remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición. Así mesmo, as persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acompañar copia do xustificante que acredite a súa condición para acollerse á taxa reducida.
2.- Presencial
Acudindo a algún dos centros de matriculación referidos máis abaixo.
As persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acreditar a súa condición para acollerse á taxa reducida.
Na secretaría, unha vez cumprimentados os datos persoais, entregaráselle unha folla para realizar o pagamento na entidade bancaria da que deberán remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición.
3.- Por teléfono
No caso de imposibilidade de facer a inscrición por internet ou presencialmente, contacten por teléfono con unha das dúas secretarías da Universidade de Verán onde se lle dará instrucións para realizar a matrícula.
CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN
Campus de Compostela:
Área de Cultura – Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
Teléfonos 881811018 e 881811103
Campus de Lugo:
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 982821513