Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Gestión Territorial


 

A iniciativa do GI-1934 Labaratorio de Territorio o IBADER estableceu no ano 2016, tras ser autorizado pola Universidade de Santiago, a organización dos Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial.

O profesor Rafael Crecente Maseda (1964-2015) era considerado como unos dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia. Foi profesor titular do Departamento de Ingeniería Agroforestal da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, e o seu labor estivo-vinculada principalmente á investigación, como director do Grupo de Investigación Territorio- Biodiversidade - Laboratorio do Territorio, e coordinador do Sistema de Información Territorial (SIT) desta universidade. Así mesmo, participou activamente como investigador en países de Latinoamérica, fundamentalmente en Ecuador, onde impulsou un programa de colaboración, asímesmo desenvolveu distintos convenios con países de Europa central e do leste. Tamen foi consultor da oficina rexional da FAO en Budapest e profesor convidado na Universidade de Múnich, e investigador do IBADER adscrito ao Grupo de Investigación 1934 Territorio -  Biodiversidade.

Na súa homenaxe creóuse un premio para impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente, ou a mellora da xestión territorial. Con estas bases publicouse a primeira edición deste premio que se convocará anualmente, ao comezo de cada curso académico, e que será publicitado a través das canles institucionais da Universidade de Santiago de Compostela e outros medios de difusión que se consideren oportunos. Para a súa execución o IBADER conta con fondos propios, así como cunha axuda da Deputación de Lugo.