Convocatoria "non PDI"


CONVOCATORIA PARA O INGRESO NO ¡BADER COMO INVESTIGADORES/AS NON VINCULADOS/AS

Dentro do Regulamento de Creación e Xestión de lnstitutos de lnvestigación da USC, aprobado na sesión ordinaria do Consello de Goberno da USC de 18 de outubro de 2017, e de acordo coa Proposta de Reformulación dos lnstitutos da USC, aprobada na sesión ordinaria do Consello de Goberno da USC de 1 de decembro de 2017, o lnstituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da USC (IBADER) reformou o seu regulamento de réxime interno, que foi aprobado na sesión ordinaria do Consello de Goberno da USC, 2911012019.

No mencionado Regulamento indicase na disposición transitoria segunda que O director/a do IBADER unha vez concluído o proceso de adscrición dos investigadores/as vinculados abrirá un ptazo para a incorporación dos investigadores/as non permanentes, investigadores/as en formación e investigadores/as colaboradores.

Así pois, o Consello Científico do IBADER, na sesión ordinaria de0410612021, unavez que foi remitida a Vicerreitoría de lnvestigación a lista definitiva de investigadores vinculados (PDl), acorda proceder á apertura da convocatoria formal correspondente aos investigadores/as non permanentes, investigadores/as en formación e investigadores/as colaboradores.

1.- OBXETO DA CONVOCATORIA

A finalidade desta convocatoria é abrir o prazo de solicitude de ingreso ao IBADER, para investigadores/as non permanentes, investigadores en formación e investigadores colaboradores, de acordo co procedemento establecido no Regulamento de réxime interno do IBADER e co Regulamento de Creación e Xestión de lnstitutos de lnvestigación da USC.

2.- DESTINATARIOS

Persoal investigador (non PDI) da USC"

3.- REQUISITOS

3.1 .- Os investigadores/as non permanentes, investigadores colaboradores no poderán formar outros lnstitutos Universitarios de lnvestigación,
Propios da USC.

3.2.- Os investigadores/as non permanentes, investigadores en formación, e investigadores colaboradores levarán a cabo súa actividade dentro dos ámbitos fixados no Plan de Acción del IBADER.
 
3.2.- Para ser Investigador/a non permanente, será necesario ser persoal investigador contratado específicamente con cargo a programas o proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores/as vinculados ao IBADER (POI) , de acorde co marco laboral e normativo aplicable.
 
3.3.- Para ser Investigador/a en formación, persoal investigador matriculado nalgún programa de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela que conte coa dirección ou codirección dun investigador/a vinculado ao IBADER (POI).
 
3.4.- A categoría de Investigador/a colaborador/a correspondese aos investigadores non POI da USC, así como aos non conside rados nos puntos 3.2 e 3.3. O Investigador/a colaborador/a debe colaborar asiduamente nalgún proxecto ou programa do IBADER, ou no mantemento das súas actividades .
 
4.- SOLICITUDES

Quen desexe participar no proceso de ingreso da presente convocatoria deberá facelo constar por escrito, mediante solicitude dirixida ao Sr. Director/a do IBADER tramitada a través do rexistro electrónico da USC.
 
Para seren admitidos , os solicitantes manifestarán na súa solicitude que reúnen todos e cada un dos requisitos e condicións de acceso esixidas, referidas á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de solicitudes.
 
A presentación da solicitude supón a aceptación das bases por parte de cada solicitante.
 
5.- DOCUMENTACIÓN
 
5.1.- Ademais da instancia de solicitude, os aspirantes deberán presentar a seguinte documentación:
 
5.1.A.- Xustificante que poña de manifesto a súa condición actual como investigadores/as non permanentes, investigadores/as en formación e investigadores/as colaboradores , acorde cos requirimentos fixados nesta convocatoria.
 
5.1.B.- Currículum Vite no que se recollan as achegas de l+D+i, principalmente dos últimos dez anos, dos seus méritos de investigación e idoneidade cos obxectivos , fins e liñas do IBADER.
 
5.1.C.- Actividades que pretende levar a cabo no caso da súa incorporación ao IBADER acordes cos ámbitos de actuación do IBADER descritos no seu Plan de Acción.

5.1.D.- Declaración responsable de non estar vinculado/a a ningún outro lnstituto de lnvestigación, Centro Singular ou Centro Propio da USC.

5.1.E.- Os candidatos como investigadores/as non permanentes ou investigadores/as en formación deberán presentar o acordo expreso formulado por
un PDI vinculado ao IBADER responsable da actividade de investigación en que se atope contratado.

5.1.F.- Os candidatos como investigadores/as colaboradores/as deberán presentar xustificación da súa participación nalgún proxecto ou programa do IBADER, ou no mantemento das súas actividades.

5.1.G.- Calquera outra documentación que considere de interese para a súa aceptación como investigador/a non vinculado ao IBADER

Os ficheiros coa correspondente documentación (Regulamento, Plan de Acción, etc) estarán dispoñibles na páxina web do IBADER
 
6.- PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes dirixiranse ao Sr. director do IBADER, no pruzo de 20 días hábites dende a publicación no Taboleiro de anuncios da Sede electrónica da USC.

7.- LUGAR DE PRESENTACION

A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC (https:/isede.usc.es > Rexistro electrónico), de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas.

8.- NOTTFICACiÓNS

 
De conformidade cos artigos 40 a 43 da Lei 3/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións practicaranse por vía electrónica, a través do Taboleiro Electrónico da Sede Electrónica da USC, lugar onde se efectuarán as sucesivas comunicacións.
 
9.- ADMISIÓN DAS SOLICITUDES DOS INVESTIGADORES
 
Nos 10 días hábiles seguintes, despois de finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase a relación de solicitantes admitidos e excluídos.

 
Para emendar os defectos da publicación anterior, os/as investigadores non admitidos/as ou excluídos/as poderán xustificar o seu dereito a ser admitidos/as, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación, quedando excluídos/as definitivamente de non facelo.
 
Rematado este prazo, publicarase a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
 
10.- PROCEDEMENTO DE AVALIACION DAS SOLICITUDES
 
10.1.- O proceso de avaliación das solicitudes constará de dúas fases:

 
10.1.A.- Publicada a relación definitiva das solicitudes referidas no punto 9 desta convocatoria, as admitidas serán estudiadas polo Consello científico do IBADER para comprobar que reúnen os requisitos e condicións de acceso esixidas para ser investigador/a non vinculado/a ao IBADER (investigadores/as non permanentes, investigadores/as en formación e investigadores/as colaboradores).
 
En caso de que la documentación presentada por algún investigador/a no se axuste aos criterios do punto 5 desta convocatoria, requirirase ao solicitante a corrección da mesma, nun prazo de 1O dias hábiles. Feita a comprobación dos requisitos e no seu caso a corrección da documentación polos interesados, o Director do IBADER dará traslado aos membros da Comisión Asesora Externa.

1 0.1 .B.- A Comisión Asesora Externa, reunida de forma presencial en Lugo, o a través de medios telemáticos, analizará a documentación presentada por cada un dos investigadores, emitindo unha valoración favorable o desfavorable da súa incorporación como investigador.
 
Acorde co Regulamento de Réxime Interno do IBADER a Comisión Avaliadora Externa, na valoración das solicitudes terá en canta os seguinte aspectos:
 
1.- Recoñecemento de méritos por actividade investigadora , Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI), ou pala Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
2.- Traxectoria investigadora e docente realizada, coherente cos ámbitos de actuación establecidos no IBADER.
3.- Dirección ou participación en proxectos de l+D+i de convocatorias públicas.
4.- Dirección ou participación en contratos ou convenios con entidades públicas ou privadas, especialmente de aquelas integradas nas liñas nos ámbitos de actuación do IBADER.
5.- Publicacións científico-técnicas.
6.- Dirección de Teses de Doutoramento e traballos academicamente dirixidos.
7.- Actividades de Difusión vencelladas cos obxectivos do IBADER.
8.- Patentes.
9.- Participación en Comités Consultivos ou Comités Asesores.
10.- Experiencia en cargos de xestión universitaria vencellados coa l+D+i.
11.- Colaboración científicotécnica coas entidades que forman parte do IBADER.
 
11.- RESOLUCIÓN FINAL

 
Contra a presente convocatoria, poderá interpoñer recurso de alzada ante este órgano ou directamente ante o Reitor no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Archivos