Docencia

O persoal investigador do IBADER imparte a súa actividade docente (primeiro e segundo ciclo) nas titulacións da Escola Politécnica Superior de Enxeñeria, da Facultade de Ciencias, da Facultade de Veterinaria, da Facultade de Administración e Dirección de Empresas e da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo.

Analogamente, o persoal do IBADER participa activamente nos distintos programas de doutoramento da Universidade de Santiago centrados na análise da biodiversidade e o medio ambiente, os sistemas de produción agrícola, gandeira, forestal e o desenvolvemento rural. En canto aos cursos de formación e extensión universitaria, a actividade do IBADER céntrase na organización de Cursos de Verán, dentro da programación da Universidade de Santiago, que buscan o acercamento do público en xeral e dos estudantes de segundo e terceiro ciclo en particular, a temas de interese sobre a xestión da biodiversidade, os sistemas de produción agrícola, gandeiro, forestal e o medio rural.

O IBADER colabora ademais con distintas entidades galegas na organización de diversos cursos de formación, entre eles cabe destacar os relativos á Rede Mundial de Reservas da Biosfera, a Rede Natura 2000, e os dirixidos a agricultores e gandeiros relativos á melloras das explotacións e a problemática do tratamento dos residuos de orixe agrícola.


Para a realización destas actividades o IBADER dispón de distintas instalacións tanto no edificio de “A Granxa” situado no Campus Universitario de Lugo, como na "Estación Científica do Courel" situada en Seoane do Courel.

Ibader Ibader Ibader Ibader