No día 18 de outubro de 2023, ás 11:00 horas, tivo lugar a reunión da Comisión do Consello Científico do IBADER encargada de levar a cabo a avaliación das candidaturas para os Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial, formada polos seguintes membros: Profesor Pablo Ramil Rego. Profesor David Miranda Barrós, Profesor Antonio Iglesias Becerra, actuando como secretario. A Comisión contou coa participación dos expertos: Profesor Francisco Javier López González e do Profesor Eduardo José Corbelle Rico.
A maior puntuación correspondeu ás dúas seguintes propostas, enumeradas por orde de puntuación descendente:
1º Premio: Estudo sobre recuperación de terras agrarias de Galicia: “Aldeas Modelo”.
Autora: Dª Marta Gómez Fandiño.
2º Premio: Recuperación del castañar de Koate de una superficie de 1 ha situado en Lizartza (Gipuzkoa).
Autor: D. Akaitz Sarasola Mugertza.
Accésit: Emprendimiento y energías renovables: las comunidades de energías
renovables como base de un desarrollo rural sostenible.
Autora: Dª Vanessa Miramontes Viña.