As Reservas da Biosfera declaradas en España integran, segundo a Lei 42/2007, a Rede Española de Reservas da Biosfera, coordinada polo Organismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN), co obxecto de facilitar o intercambio de información e experiencias entre elas.
Unha rede de reservas da biosfera diferénciase dun simple grupo de reservas da biosfera en que conta cunha entidade independente de todas elas que dá soporte ás accións comúns e asegura o seu funcionamento en Rede. Este papel é asumido, en España, polo Organismo Autónomo Parques Nacionais ( OAPN), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O soporte que brinda o OAPN materialízase de varias formas: