XORNADAS SOBRE PROTECCIÓN E MALTRATO ANIMAL.
UNHA PERSPECTIVA ACTUAL DAS NORMAS E ACTUACIÓNS DESDE O ÁMBITO VETERINARIO E LEGAL
Datas: 15 a 17 de xuño
Lugar de celebración: IBADER
(Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural).
Campus Universitario de Lugo
Dirección: Mª Mercedes Camiña García
Secretaría: Antonio Iglesias Becerra
Nº de horas lectivas: 21
Límite prazas: 40
Obxectivos:
Debido ás variacións normativas sobre protección animal a nivel europeo e a futura publicación da Lei sobre protección e dereitos dos animais en España, proponse a celebración dun curso de verán dirixido principalmente aos profesionais que actúan neste campo enfocado nas actuacións administrativas, penais e de peritaxe veterinaria en casos de malos tratos animais e as novas oportunidades laborais no ámbito do Benestar Animal.
Equipo docente das xornadas
Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de veterinarios de España (CGVE).
María Luisa Suárez Rey. Xefa de servizo de Medicina Interna do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.
Yolanda Gómez Saavedra. Veterinaria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Óscar Cacharrón Mojón. Veterinario da Consellería do Medio Rural.
Jesús Casabiell Pintos. Profesor titular de Fisioloxía. Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Marcio Vargas Ramella. Profesor da Universidade do Estado de Santa Catarina (UDESC). Brasil.
María Lourdes Sanmartín Sánchez. Comandante veterinario no centro de apoio loxístico de operacións, división de Operacións do Estado Maior do Exército de Terra.
Lucia Belver Quiroga. Avogada da Consellería do Medio Rural.
Lucía Girón Conde. Fiscal delegada en Lugo da Rede Española de Fiscais de Medio Ambiente, Urbanismo, Patrimonio Histórico e Maltrato animal.
Luis Villares Naveira. Maxistrado da sala do Contencioso-Administrativo. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
María Rey Campos. Coordinadora Departamento Calidade Agroalimentaria e Proxectos de I+D+i de AGACA.
Mais información e matrícula:
https://www.usc.gal/es/servizos/cultura/veran/index.html
Actividade financiada por:
