Co fin de incrementar as accións informativas sobre o territorio incluído na reserva, estase a impulsar unha rede de pequenos centros de recepción e interpretación. Ademais, a zona conta con máis de 30 rutas de sendeirismo que permiten gozar dos valores naturais e etnográficos do territorio.
A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses é un territorio exemplar en producións tradicionais de calidade, derivadas das actividades elaboradoras e artesanais do territorio: lácteos, produtos cárnicos, produtos hortícolas, mel, arándanos, castañas, etc. Estas prácticas reúnen un rico patrimonio cultural ligado ao coñecemento e ás formas de vida tradicionais das comunidades locais.
A calidade diferenciada destos productos está avalada con Denominaciones de Orixe Protexidas (DOP), como "Cebreiro", ou Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP) como "Ternera Gallega", "Lacón Galego", "Castaña de Galicia" E "Mel de Galicia", así como "Botelo Galego" e "Androlla Galega", aínda en tramitación.