Banco de Datos

Rede Galega de Reservas de Biosfera


Reserva de Biosfera do Rio Eo, Oscos e Terras de Burón

1.- Datos Básicos

Denominación Oficial:
Reserva de Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón
Data de declaración: 19 de xuño de 2007.
Superficie: 159.131,52 ha terrestes e 162,01 ha mariñas  (núcleo: 10 %; tampón: 19 %; transición: 71 %).
Ubicación: Lugo (Galicia) y Principado de Asturias.
Municipios: Ribadeo, Castropol, Trabada, Vegadeo, A Pontenova, San Tirso de Abres, Ribeira de Piquín, Taramundi, A Fonsagrada, Villanueva de Oscos, Baleira, San Martín de Oscos, Negueira de Muñíz e Santa Eulalia de Oscos.
Poboación: 30.413 habitantes.
Entidade xestora: Deputación de Lugo e Gobierno del Principado de Asturias.
D
irección:
Gobierno del Principado de Asturias.
C/ Trece Rosas,2
33005 Oviedo, ASTURIAS

Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Teléfono: 985105957


Outras figuras de protección:
3 Zonas de Especial Consservación para las Aves (ZEPA).
9 Zonas de Especial Conservación (ZEC).
Humedal de Importancia Internacional (Convenio Ramsar
).

Rexión/Provincia biogeográfica: Atlántica.



2.- Documentos oficias

Documento de designación
 

  • Incorporación de: Rio Eo, Oscos e Terras de Burón, en la Red Mundial de Reservas de la Biosfera. Decisión adoptada en la 19th Sesión del Consejo de Coordinación Internacional (International Coordinating Council - ICC) del programa Hombre y Biosfera (MAB). Año de incorporación: 2007. (Enlace Base de Datos UNESCO: UNESCO).


Candidatura da Reserva de Biosfera presentada a UNESCO:
 

  • Candidatura oficial da Reserva da Biosfera: Rio Eo, Oscos e Terras de Burón, presentada ante a UNESCO no ano 2006. (Descarga: IBADER).


Regulamento e Plan de Xestión da Reserva:
 

  • Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Documento definitivo (2017). (Descarga: Gobierno Principado de Asturias; Xunta de Galicia; IBADER).
  • Resolución de 2 de mayo de 2017, de la Consejería de Desarrollo Rural y Recursos Naturales, por la que se dispone la publicación del Plan de Gestión de la Reserva de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón.  BOPA 112, 17/05/2017. (Descarga: BOPA).
  • Anuncio de 28 de abril de 2017, de la Dirección General de Patrimonio Natural, por el que se hace público el Plan de gestión de la Reserva de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón.  DOG 98, 24/05/2017. (Descarga: DOG).
  • Anunció do 16 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda someter a participación pública o Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. DOG 100, 27/05/2016. (Descarga: DOG).
  • Información pública del Plan de Gestión de la Reserva de la Biosfera del Río Eo, Oscos y Terras de Burón. BOPA 120, 25/05/2016. (Descarga: BOPA).
  • Plan de Gestión de la Reserva de la Biosfera del Río Eo, Oscos y Terras de Burón Documento Técnico sometido a Información Pública. 28/05/2016. (Descarga: IBADER).

3.- Outros documentos:

  • Resolución de 8 de enero de 2014, de la Consejería de Presidencia, por la que se ordena la publicación del Convenio de Colaboración suscrito entre el Principado de Asturias, a través de la Consejería de Agroganadería y Recursos Autóctonos y la Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras de la Xunta de Galicia para la adopción de un Protocolo de Colaboración para la Coordinación de la Gestión de la Reserva de la Biosfera del Río Eo, Oscos y Terras de Burón. BOPA 21, 27/01/2014. (Descarga: BOPA).
  • Anuncio do 21 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se convocan as asociacións interesadas en integrarse no Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. DOG 8, 14/01/2016. (Descarga: DOG).
  • Resolución de 10 de enero de 2011, de la Dirección General de Desarrollo Sostenible del Medio Rural, por la que se publica el Convenio de colaboración con la Comunidad Autónoma de Galicia, para el apoyo a la gestión y al desarrollo sostenible en las reservas de biosfera de Río Eo, Oscos y Terras de Burón y Transfronteriza Gerês-Xurés. BOE 24, 28/01/2012. (Descarga: BOE).
  • Resolución de 15 de marzo de 2010, de la Dirección General de Desarrollo Sostenible del Medio Rural, por la que se publica el Acuerdo de prórroga del Convenio de colaboración, entre el Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino y la Junta de Galicia, para la ejecución y coordinación de actuaciones de promoción, señalización, difusión y de programación de actuaciones futuras, dentro de la Reserva de la Biosfera de Río Eo, Oscos y Terras de Burón. BOE 79, 01/04/2010. (Descarga: BOE).
  • Resolución de 28 de enero de 2010, de la Dirección General de Desarrollo Sostenible del Medio Rural, por la que se publica el Convenio de colaboración, entre el Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino y el Principado de Asturias, para la ejecución y coordinación de actuaciones de promoción señalización, difusión y de programación de actuaciones futuras, dentro de la reserva de la biosfera de río Eo, Oscos y Terras de Burón. BOE 37, 11/02/2010. (Descarga: BOE).
  • Resolución de 16 de junio de 2009, de la Dirección General de Desarrollo Sostenible del Medio Rural, por la que se publica el Convenio de colaboración, entre el Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino y la Junta de Galicia, para la ejecución y coordinación de actuaciones de promoción, señalización, difusión y de programación de actuaciones futuras, dentro de la reserva de la biosfera de río Eo, Oscos y Terras de Burón. BOE 162, 10/06/2009. (Descarga: BOE).

4.- Descripción xeral da Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón ocupa 159.379 ha, incluíndo unha pequena superficie de augas mariñas someras adxacente ó estuario do Río Eo. A área incluida dentro da Reserva vertebrase a través da cunca fluvial del río Eo, abarcando dende o  seu nacemento en Fonteo (municipio de Baleira, Lugo), hasta a sua desembocadura no Mar Cantábrico. Dentro do territorio incluido na Reserva podense recoñecer polo menos cuatro grandes unidades paisaxísticas, integrables dentro das sectorizacións propostas para o noroeste Ibérico: Litoral Cantábrico Occidental; cuncas fluviales; estuario y desembocadura do río Eo; e serras e montañas.

A zonificación da Reserva comprende a diferenciación de 3 zonas concebidas como unha serie de aneis concéntricos, aínda que o esquema conceptual inicial foi modificado en función das condicións e necesidades locais.


4.1.- PATRIMONIO NATURAL

A importante variabilidade na tipoloxía dos ambientes fai que na Reserva aparezan unha gran variedade de ecosistemas naturais, que albergan altos valores ambientais, feito que se reflicte nas diferentes figuras de protección coas que se designaron actualmente diversos espazos incluídos no territorio da Reserva.

Así mesmo, nos territorios da Reserva é posible identificar un total de 41 tipos de hábitats de interés comunitario, dos que 11 son considerados prioritarios, centrados fundamentalmente nos ecosistemas dunares, os matorrais costeiros, humidaiss continentais e bosques ligados a medios húmedos.


Con respecto as especies de interés para a conservación, existen un total de 123 taxóns identificados no territorio da Reserva que foron incluidos no Anexo I da Directiva 2009/147/CE, ou en algun dos Anexos da Directiva 92/43/CEE para os grupos restantes. Destaca o conxunto de aves incluidas no Anexo I da Directiva 2009/147/CE, o que da unha idea do importante papel de conservación que xoga o territorio da Reserva, e en especial do estuario do Río Eo.

Tamen as aguas mariñas da Reserva poseen unha relevante importancia, posto que nas mismas foi identificada a única especie prioritaria, a tortuga careta (Caretta caretta), reptil mariño cuxa presencia no territorio foi documentada. Asimismo, dentro do grupo dos mamíferos cabe destacar o conxunto daqueles que presentan hábitos mariños, xa que supoñen case a metade do conxunto en total.

Ecosistemas Fluviais

Por outra parte, as especies de interés para a conservación dos grupos de flora, invertebrados, peixes e anfibios están compostos fundamentalmente por taxóns ligados ós medios fluviaies da Reserva, moi ben representados pola rede hidrográfica da cunca do río Eo. Esto indica o importante papel que xogan os ecosistemas fluviais na conservación da biodiversidade do territorio ocupado pola Reserva, que xunto ó resto de ecosistemas naturais terrestres (humidalis continentais, matorrais e roquedos, bosques, etc.) completan prácticamente a totalidade das especies dos grupos anteriormente mencionados
.

4.2.- PATRIMONIO CULTURAL E PAISAXE

Os bens patrimoniass que se encontran no ámbito da Reserva son de tipo cultural nun sentido amplio. Non só se dispón de construccións e restos de distintas épocas, senón tamén da cultura que sustentou a sociedad local, e que foi pasando dunna xeneración a outra, permitindo que hoxe en día se manteñan diversas actividades artesanais.


Os restos tumulares e dolméns son moi abundantes, e aparecen espallados polo territorio da Reserva, así como a multitude de conxuntos da cultura castrexa. Ademais destes restos, é abundante o patrimonio arquitectónico, correspondente tanto á arquitectura relixiosa como á civil. O primeiro ten unha longa tradición, xa que nestas terras existiron varias fundacións monásticas, ademais dun importante conxunto de capelas, igrexas e ermidas, sobre todo dos séculos XIV ao XIX, espalladas polo territorio, e nas que se recollen abundantementes e variadas tallas, esculturas e retablos. Pola súa banda, a arquitectura civil inclúe numerosas casas solaregas e pazos.

Existen duas rutas do Camiño de Santiago que sirven de peregrinación hacia a capital de Galicia: a Ruta da Costa e o Camiño Primitivo.

Patrimonio Etnográfico

Destaca o patrimonio de tipo etnográfico, representado a través de numerosos edificios propios da cultura rural tradicional: o paisaxe de montaña cubrese de pallozas, hórreos, cabazos, palomares, trobos, cortizos, cortiños (para protexer as colmenas de depredadores), corripias u ouriceiras (destinados a gardar as castañas recolectadas e conservar os seus ourizos hasta o seu completo secado) dispersos por todos os pobos da Reserva. A todo o anterior sumase o patrimonio cultural oral, o folklore ou as actividades tradicionais.

4.3.- SOCIOECONOMÍA DA RESERVA

A poboación da Reserva soubo aproveitar os seus recursos naturais e culturais ancestrais, así como as actividades económicas tradicionais, para integralos en novos programas de desenvolvemento, que supuxeron un cambio notable na comarca e que a posicionan favorablemente para o futuro.

Nos últimos anos, apreciaronse cambios relevantes na estructura económica. Así, produciuse unha caída no sector primario e un crecemento no sector servizos. Na actualidad, a gandería, a selvicultura y o turismo son os principales eixes de crecemento  especialización en toda a zona, e parecen ser os eixes sobre os que tratará de sustentar o seu crecemento a medio prazo. A gandería sufriu unha especialización con diferencias entre municipios: a zona interior especializouse en vacún de carne, mentras que en el litoral hai predominio del vacún de leite. Ademais, comezaron a manifestarse algunhas iniciativas de diversificación da actividad, como agricultura e gandería ecolóxica, viveiros e invernadoiros, diversificación en servicios, acuicultura ou actividades agroalimentarias.


Desenvolvemento sostible

As actuacións realizadas na Reserva dende o conxunto de programas autonómicos e comunitarios propiciaron un modelo de desenvolvemento económico e social baseado no principio de desenvolvemento sostible, que tenta revalorizar os recursos existentes (agricultura, silvicultura, pesca, gandería, paisaxe, artesanía e etnografía) e aumentar a calidade de vida na zona
.

4.4.- CONTRIBUCIÓN DA RESERVA Ó DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

As Reservas da Biosfera configúranse como espazos que, ademais de ser representativos de determinados ámbitos bioxeográficos ou de ter relevancia para a conservación da biodiversidade, deben ofrecer posibilidades de ensaiar e demostrar modelos de sustentabilidade.

A inclusión dunha gran superficie de agrosistemas tradicionais no seu ámbito obriga a considerar, entre os seus obxectivos básicos, a conservación de formas de intervención humana sobre o territorio que representan un valor histórico e etnográfico, e sobre cuxo aproveitamento se sustenta boa parte do desenvolvemento sostible do mesmo
.

Doutra banda, a conciliación entre obxectivos de conservación e desenvolvemento esixe un esforzo importante en apoio loxístico, é dicir, na dotación de recursos e incentivos que fomenten prácticas de desenvolvemento sostible entre os diferentes axentes sociais que operan dentro da Reserva.

A Reserva profundou neste camiño e supón un avance cualitativo, mediante o fomento e apoio a experiencias de ensaio e demostración relativas a un aproveitamento sostible dos recursos (prácticas agrícolas, gandeiras e forestais sostibles), así como á revalorización dos produtos naturais mediante a súa comercialización como produtos certificados en canto ás prácticas utilizadas (certificación forestal, produtos ecolóxicos, etc.), ou en canto ao recurso xenético empregado (denominación de orixe, produto de calidade, etc.).

Actualmente, a Reserva dispón de varios equipamentos que constitúen unha importante ferramenta de traballo na divulgación dos valores naturais, etnográficos e históricos do territorio, e desde os que se traballa no efecto demostrativo sobre cuestións locais e a súa cultura asociada.

4.5.- USO PÚBLICO E TURISMO

O desenvolvemento do turismo rural contribuíu á recuperación do patrimonio, rehabilitando edificios para destinalos a aloxamentos, e dinamizando outras actividades, como a produción artesanal, oferta gastronómica e de produtos típicos. Ademais, contribuíu ao coñecemento da zona dentro e fóra do seu territorio.

A estrutura turística tivo un impulso importante. Actualmente, logrouse desenvolver unha ampla rede que abarca os distintos tipos de establecementos. É destacable a calidade das instalacións turísticas e de servizos da zona que, en moitos casos, está avalada pola adscrición a marcas de calidade.


A Reserva ofrece, ademais, importantes atractivos para os visitantes: arquitectura de carácter tradicional, elementos e conxuntos etnográficos e conxuntos arqueolóxicos, museos etnográficos e centros de interpretación.
A artesanía, de recoñecida calidade e dinamizada co desenvolvemento do turismo rural na área, tamén constitúe un reclamo turístico importante. Complementariamente, o ámbito da Reserva conta cunha oferta gastronómica rica e variada
.


Actividades para o ocio

Existe un valioso patrimonio natural que ofrece o marco idóneo para o desenvolvemento de distintas actividades de lecer, deportivas e de entretemento: o sendeirismo, percorridos en bicicleta, roteiros dacabalo ou montañismo e a práctica da pesca con fins recreativos no estuario do Eo e no litoral.


Os municipios costeiros permiten tamén o goce das súas praias. Nos municipios da zona montañosa pódense realizar descensos en canoa, e tamén é posible atopar dous Portos Deportivos, contando mesmo un deles co galardón de Bandeira Azul. Ademais, hai clubs de remo e de vela que organizan distintas competicións ao longo do ano.