REDE GALEGA DE RB
A Rede Española de Reservas de Biosfera está composta por 52 espazos, distribuídos en 16 das 17 comunidades autónomas e tres delas son transfronteirizas, das cales unha é intercontinental. Seis das Reservas de Biosfera españolas atópanse en Galicia, agrupadas na Rede Galega de Reservas da Biosfera. A primeira en declararse foi a Reserva da Biosfera de Terras do Miño (2002), seguida da Área de Allariz (2005), Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá (2006), a Reserva do Río Eo, Oscos e Terras de Burón (2007), a Reserva Transfronteiriza Gerês-Xurés (2009) e a Reserva das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2003). En conxunto, abarcan en Galicia un territorio próximo ás 610.000 ha, o cal representa un 21% do total do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. A finais de 2019, a Xunta de Galicia iniciou ante o Comité Español do Programa Home & Biosfera da UNESCO a presentación da candidatura dunha nova Reserva da Biosfera, para o territorio da Ribeira Sacra e as montañas de Oribio e Courel, que finalmente foi aprobada en 15/09/2021 polo Consello Internacional de Coordinación do Programa Man and the Biosphere, reunido en Abuja (Nixeria), e publicada no BOE. (Resolución 5/10/2021 do OAPN. BOE 247/15/10/2021).

Mapa de localización da Red de reservas de Biosfera de Galicia