MEDIO AMBIENTE: Infraestrutura Verde [Green Infrastructure]
1.- Disposicións, estratexías e plans da Unión Europea.
A Comisión Europea publicou no ano 2013 a Comunicación ‘Infraestrutura verde: mellora do capital natural de Europa’, [COM(2013) 249 final] na que se define a Infraestrutura Verde como unha “rede estratexicamente planificada de espazos naturais e seminaturais e outros elementos ambientais deseñada e xestionada para ofrecer unha ampla gama de servizos ecosistémicos. Inclúe espazos verdes (ou azuis se se trata de ecosistemas acuáticos) e outros elementos físicos en áreas terrestres (naturais, rurais e urbanas) e mariñas”.
Nesta Comunicación [COM(2013) 249 final] a Comisión Europea destaca á importante contribución da infraestrutura verde á consecución de moitos dos obxectivos políticos clave da Unión Europea e establece os elementos que debería incluír a Estratexia da Infraestrutura Verde:
- O fomento da infraestrutura verde nos principais ámbitos políticos mediante a elaboración de criterios técnicos para a integración da infraestrutura verde na aplicación da política rexional ou de cohesión, climática e ambiental, de xestión dos risco de catástrofes, de saúde e protección dos consumidores e da política agrícola común e nos seus mecanismos de financiación asociados. Para isto a infraestrutura verde debe ser “un elemento normalizado da ordenación do territorio e do desenvolvemento territorial”. Por outra parte, os diferentes proxectos de infraestrutura verde desenvolvidos a escala local, rexional ou nacional deben estar interconectados e ser interdependentes e coherentes para acadar o funcionamento óptimo desta infraestrutura.
- A mellora da información, o reforzo da base de coñecementos e o fomento da innovación. Neste senso continuarase a labor de avaliación da biodiversidade e do medio ambiente, así como dos servizos ecosistémicos.
- A mellora do acceso ao financiamento a través e mecanismos que garantan a participación pública dos cidadáns e dos distintos colectivos, dende o inicio do proceso de redacción ata a posta en marcha da estratexia, así como nas súas posteriores avaliacións.
- Os proxectos de infraestrutura verde a escala da Unión Europea. A Comisión anima aos Estados membros e ás rexións fronteirizas a aproveitar as oportunidades de desenvolvemento da infraestrutura verde nun contexto transfronteirizo/transnacional financiadas polo FEDER ou programas de cooperación territorial europea.
1.1.- Documentos oficiais
Infraestructura verde: mejora del capital natural de Europa. COM(2013) 249 final (06/05/2013). Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones. (Descarga:
Euro-Lex)
Anexo -
Infraestructura verde: mejora del capital natural de Europa. COM(2013) 249 final (06/05/2013). Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones. (Descarga:
Euro-Lex)
Resolución del Parlamento Europeo de 17 de septiembre de 2020, sobre el Año Europeo por unas Ciudades más Verdes 2022 (2019/2805(RSP): La importancia de una infraestructura verde y urbana — Año Europeo por unas Ciudades más Verdes 2022. (2021/C 385/20). P9_TA(2020)0241. DOUE. 22/09/2021. (Descarga:
Euro-Lex).
1.2.- Publicación da Comisión Europea
UE (2014). Construir una infraestructura verde para Europa. Luxembourg: Oficina de Publicaciones de la Unión Europea. (Descarga:
Comisión Europea)
2.- Disposicións, estratexías e plans de ámbito Estatal
2.1.- Disposcións normativas
-
Ley 33/2015, de 21 de septiembre, por la que se modifica la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE 227, 22/09/2015. (Descarga:
BOE).
-
Versión actualizada de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. (Descarga:
BOE).
-
Consejo de Ministros (27/10/2020): Aprobación de la Estrategia Nacional de Infraestructura Verde y de la Conectividad y Restauración Ecológicas (Enlace:
Nota)
-
Orden PCM/735/2021, de 9 de julio, por la que se aprueba la Estrategia Nacional de Infraestructura Verde y de la Conectividad y Restauración Ecológicas. BOE 166, 13/07/2021. (Descarga:
BOE)
2.2.- Estatexía e documentos científico-técnicos
- MTERD (2020). Estrategia Nacional de infraestructura verde y de la conectividad y la restauración ecológicas. Madrid: Ministerio para la transición ecológica y el reto demográfico. 1-250. (Descarga: Documento-final).
- MTERD (2020). Resumen ejecutivo: Estrategia Nacional de infraestructura verde y de la conectividad y la restauración ecológicas. Madrid: Ministerio para la transición ecológica y el reto demográfico. 1-29. (Descarga: Documento)
- MTE (2019). Estrategia estatal de infraestructura verde y de la conectividad y la restauración ecológicas. Borrador (Mayo/2019). Madrid: Ministerio para la transición ecológica. 1-217 (Documento sometido al trámite de exposición pública). (Descarga: Documento)
- Valladares, F.; Gil, P. & Forner, A. (2017). Bases científico-técnicas para la Estrategia estatal de infraestructura verde y de la conectividad y la restauración ecológicas. Borrador. Madrid: Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. 1-357. (Descarga: Documento)
- MTE (2019). Guía metodológica para la identificación de la Infraestructura Verde en España (Fases 1). Estrategia estatal de infraestructura verde y de la conectividad y la restauración ecológicas. Madrid: Ministerio para la transición ecológica. 1-96 (Descarga: Documento)
3.- Disposicións, estratexías e plans de ámbito Galego
3.1.- Disposcións normativas
Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. DOG 8, 14/01/2021. (Descarga:
DOG). [artigo 9].
Ley 5/2019, de 2 de agosto, del patrimonio natural y de la biodiversidad de Galicia. DOG 229, 24/09/2019. (Descarga:
DOG).
3.2.- Estratexía galega de infraestrutura verde
Documentación sometida a consulta y participación pública
A infraestrutura verde é un concepto que integra a conectividade dos ecosistemas, a protección e provisión de servizos ecosistémicos e a mitigación e adaptación ao cambio climático, asegurando a provisión sostible destes servizos e incrementando a resiliencia dos ecosistemas.
As especiais características do territorio galego fan que este proporcione unha gran diversidade e potencialidade de servizos ecosistémicos. Algúns datos que reflicten esta potencialidade son as 1.400.000 hectáreas de superficie arborada (48% do territorio), os 50.000 km de ríos, os 1.498 km de costa, os 72 tipos de hábitats de interese comunitario (a terceira comunidade autónoma con maior número de hábitats) ou unha densidade de hábitats que dobra a media española (17,4 hábitats/100 km2 fronte a 8,2), ao que hai que engadir certas características, como a existencia dunha actividade agrícola tradicional ou unha estreita relación entre as zonas urbanas e rurais. Todo isto fai, se cabe, máis necesaria a conservación, potenciación e aproveitamento de todos estes valores, polos seus beneficios ambientais e sociais, pero tamén pola súa capacidade para xerar emprego.
A finalidade da estratexia é a creación dunha rede de espazos naturais e seminaturais planificados estratexicamente para ofrecer unha ampla gama de servizos ecosistémicos. Trátase en definitiva de levar a cabo unha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental para asegurar a provisión de servizos de regulación (biodiversidade, adaptación e mitigación do cambio climático, fertilidade do solo, regulación hídrica, calidade do aire, control de inundacións e erosión, etc.), servizos de abastecemento (produción e seguridade alimentaria, abastecemento de auga e enerxía, etc.) e servizos culturais (ocio, benestar, saúde, paisaxe, etc.).
Estas redes estratexicamente planificadas de espazos verdes poden proporcionar múltiples beneficios a través do soporte dunha economía verde, a mellora da calidade de vida, a protección da biodiversidade e o incremento da capacidade dos ecosistemas para proporcionar servizos como a redución do risco de desastres naturais, a purificación da auga, a calidade do aire, os espazos de ocio e a adaptación e mitigación do cambio climático.
A Comisión Europea adoptou no ano 2013 unha estratexia destinada a fomentar a infraestrutura verde nas distintas políticas: agrícola, forestal, ambiental, auga, pesca, medio mariño, desenvolvemento rexional, mitigación e adaptación ao cambio climático, transporte, enerxía, prevención de catástrofes e ordenación do territorio.
Este traballo estase a desenvolver dentro dun convenio de colaboración cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña no que participan cinco grupos de investigación:
- Laboratorio de Biodiversidade, do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da USC, que desenvolve a súa actividade na caracterización, avaliación e xestión da biodiversidade e do patrimonio natural.
- Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, que ten como obxectivo xerar coñecemento sobre a realidade socioeconómica e territorial de Galicia, mediante a análise do desenvolvemento sostible desde unha perspectiva rexional, é dicir, considerando a dimensión medioambiental, económica e social conxuntamente.
- O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) do Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade da USC, que está especializado en ordenación do territorio rural.
- O departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC, que ten o urbanismo como principal liña de actuación, polo que é a referencia para a planificación dos espazos urbanos da infraestrutura verde.
- Grupo de Investigación sobre Visualización Avanzada e Cartografía (videaLAB/cartoLAB) da Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC, que estuda as características das infraestruturas de transporte, incluíndo o seu impacto ambiental e paisaxístico e as medidas de corrección ou mitigación destes efectos.
Documentos e normativa
- ACORDO do 8 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se acorda someter a información pública e transparencia a Estratexia galega da infraestrutura verde e da conectividade e a restauración ecolóxicas. DOG 158, 22/08/2022. (Descarga: DOG).
- Proxecto de orde pola que se aproba a Estratexia galega da infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas. Descarga: Xunta de Galicia
- Documento da Estratexia galega da infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas. Descarga: Xunta de Galicia: Documento-G, Documento-E
- Mapas de la Estratexia galega da infraestructura verde: Descarga: Xunta de Galicia.
-