No día 7 de novembro de 2024, ás 11:00 horas, tivo lugar a reunión da Comisión do Consello Científico do IBADER encargada de levar a cabo a avaliación das candidaturas para os Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial, formada polos seguintes membros: Profesor Pablo Ramil Rego. Profesor David Miranda Barrós, Profesor Antonio Iglesias Becerra, actuando como secretario.
A Comisión contou coa participación dos expertos: Profesora Inés Santé Riveira e do Profesor Francisco Javier López González.
Os criterios empregados para a valoración das propostas seguiron o establecido nas bases publicadas e comprenden: Carácter innovador da idea presentada (4 puntos), A aplicabilidade práctica (2 puntos), Impacto social, ambiental e económico potencial (2 puntos), Contido de innovación social (2 puntos).
Dita Comisión valorou estes aspectos para todas e cada unha das propostas presentadas. A maior puntuación correspondeu ás dúas seguintes propostas, enumeradas por orde de puntuación descendente:
1º Premio: Establecemento dun sistema silvopastoral no monte público de Rascalobos (Traba de Laxe, A Coruña).
Autor: D. Alejandro Álvarez Fernández.
2º Premio: Avaliación do comportamento do lume potencial en rodais de Piñeiro.
Autora: D.ª Lucía Gómez Taboada.
Accésit: Análises xenómicas en poboaciónsnaturais de Arnica montana L..
Autor: D. Fernando Cabana Porto.