Economía Sostible

Liña de Economía Sostible

 
No Cume da Terra de Rio de Janeiro (1992) instaurouse o concepto actual de “Desenvolvemento sostible”. En 2001 a Unión Europea aprobou a Estratexia de Desenvolvemento Sostible, que desde esta data sufriu distintas actualizacións, conformándose na actualidade como un dos piares básicos para o desenvolvemento das distintas iniciativas da Unión, destacando entre elas o Pacto Verde Europeo, no que se inclúen distintas propostas para adaptar as políticas da UE sobre clima, enerxía, transporte e fiscalidade ao obxectivo de reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro, para transformar a UE nunha sociedade equitativa e próspera cunha economía moderna e competitiva.

Os investigadores do IBADER integrados na liña de Economía Sostible, centran os seus traballos dean tres grandes ámbitos de actuación: 1.- Valoración económica de activos intanxibles. 2.- Análise socio-económico de contextos locais. 3.- Desenvolvemento de modelos de creación de valor sostible

Liña de Alimentación Saudable e Sostible
Grandes prioridades e ámbitos concretos de actuación en I+D+i
 
  • Valoración económica de activos intanxibles
  • Análise socio-económico de contextos locais
  • Desenvolvemento de modelos de creación de valor sostible