Recursos Gandeiros

Liña de Recursos Gandeiros
 
Os recursos xenéticos animais inclúen tanto especies silvestres como domésticas destinadas á produción (recursos gandeiros) ou ben utilizadas como animais de compañía. As especies gandeiras teñen un papel relevante na alimentación e na configuración e conservación do medio ambiente en Galicia, constituíndo ademais a fonte para obter razas melloradas que proporcionen produtos de calidade e que contribúan a manter os sistemas de explotación respectuosos co medio ambiente e conservar as tradicións, á vez que permiten responder ás novas demandas da sociedade.

Aínda que as actividades de I+D+i na liña de Recursos Gandeiros centranse en animais integrados en sistemas de produción, os investigadores desta liña desenvolven igualmente actuacións en relación con animais silvestres, así como animais de compañía, con distintas complementariedades e sinerxias coas liñas de Medio Ambiente e de Agrosistemas.


 
Liña de Recursos Gandeiros
Grandes prioridades e ámbitos concretos de actuación en I+D+i
 
  • Produción gandeira
  • Reprodución animal
  • Saúde Animal
  • Benestar Animal