MEDIO AMBIENTE: Plan de Acción para a Economía Circular
Para lograr a neutralidade climática da UE de aquí a 2050 é fundamental disociar o crecemento económico do uso dos recursos e adoptar sistemas circulares de produción e consumo.
En marzo de 2020, a Comisión presentou un novo Plan de Acción para a Economía Circular, e en decembro de 2020 o Consello adoptou unhas Conclusións respecto diso. Nas Conclusións tamén se destaca a función que desempeña a economía circular á hora de garantir unha recuperación ecolóxica tras a COVID-19.
O Plan de Acción prevé máis de trinta medidas sobre o deseño de produtos sostibles, a circularidade dos procesos de produción e o empoderamento dos consumidores e os compradores públicos. O Plan vai dirixido a sectores como a electrónica e as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), as pilas e baterías, os envases e embalaxes, os plásticos, os produtos téxtiles, a construción e os edificios ou os alimentos.
- Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones. Nuevo Plan de acción para la economía circular por una Europa más limpia y más competitiva. COM/2020/98 final. Bruselas 11/03/2020. [Eur-Lex]
- European Commission (2020). Plan de acción para una economía circular [folleto]. Brussels: European Commission. [Enlace-EU]
-
-
O Parlamento Europeo define a economía circular como un modelo de produción e consumo que implica compartir, alugar, reutilizar, reparar, renovar e reciclar materiais e produtos existentes todas as veces que sexa posible para crear un valor engadido. Desta forma, o ciclo de vida dos produtos esténdese.
Na práctica, implica reducir os residuos ao mínimo. Cando un produto chega ao final da súa vida, os seus materiais mantéñense dentro da economía sempre que sexa posible grazas á reciclaxe. Estes poden ser productivamente utilizados unha e outra vez, creando así un valor adicional.
Contrasta co modelo económico lineal tradicional, baseado principalmente no concepto “usar e tirar”, que require de grandes cantidades de materiais e enerxía baratos e de fácil acceso. A obsolescencia programada contra a que o Parlamento Europeo pide medidas é tamén parte deste modelo.
Segundo o Parlamento Europeo, a reutilización e a reciclaxe de produtos retardarían o uso de recursos naturais, reducirían a alteración da paisaxe e o hábitat e axudarían a limitar a perda de biodiversidade. Outro beneficio da economía circular é a redución das emisións anuais totais de gases de efecto invernadoiro. Segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente, os procesos industriais e o uso de produtos son responsables do 9,10% das emisións de gases de efecto invernadoiro na UE, mentres que a xestión de residuos representa o 3,32%.
Crear produtos máis eficientes e sostibles desde o principio axudaría a reducir o consumo de enerxía e recursos, xa que se calcula que máis do 80% do impacto ambiental dun produto determínase durante a fase de deseño.
A transición cara a produtos máis fiables que poidan reutilizarse, actualizarse e repararse reduciría a cantidade de residuos. O envasado é un problema cada vez maior e calcúlase que, de media, cada europeo xera case 180 kg de residuos de envases ao ano. O obxectivo da UE é atallar o exceso de envases e mellorar o seu deseño para fomentar a reutilización e a reciclaxe.
Reducir a dependencia das materias primas
Un dos motivos para avanzar cara a unha economía circular é o aumento da demanda de materias primas e a escaseza de recursos. Varias materias primas cruciais son finitas e, como a poboación mundial crece, a demanda tamén aumenta.
Outra das razóns é a dependencia doutros países: algúns países da UE dependen doutros países para as súas materias primas. A UE importa aproximadamente a metade das materias primas que consome, segundo Eurostat.
O valor total do comercio (importacións máis exportacións) de materias primas entre a UE e o resto do mundo case se triplicou desde 2002, cun crecemento das exportacións máis rápido que o das importacións. Con todo, a UE segue importando máis do que exporta. En 2021, isto traduciuse nun déficit comercial de 35.500 millóns de euros.
A reciclaxe de materias primas reduce os riscos asociados á subministración, como a volatilidade dos prezos, a dispoñibilidade e a dependencia das importacións. A reciclaxe pode ser unha fonte importante de materias primas fundamentais, que son necesarias para a produción de tecnoloxías cruciais para alcanzar os obxectivos climáticos, como as baterías e os motores eléctricos.
Crear emprego e aforrar diñeiro aos consumidores
A transición cara a unha economía máis circular podería aumentar a competitividade, estimular a innovación, impulsar o crecemento económico e crear emprego (700.000 postos de traballo só na UE para 2030).
O redeseño de materiais e produtos para un uso circular tamén impulsaría a innovación en diferentes sectores da economía.
O impacto no clima é outro dos factores. A extracción e o uso de materias primas teñen importantes consecuencias medioambientes, aumenta o consumo de enerxía e as emisións de dióxido de carbono (CO2), mentres que un uso máis intelixente das materias primas pode reducir as emisións contaminantes.
Por que temos que cambiar a unha economía circular?
Un dos motivos para avanzar cara a unha economía circular é o aumento da demanda de materias primas e a escaseza de recursos. Varias materias primas cruciais son finitas e, como a poboación mundial crece, a demanda tamén aumenta.
Outra das razóns é a dependencia doutros países: algúns países da UE dependen doutros países para as súas materias primas.
O impacto no clima é outro dos factores. A extracción e o uso de materias primas teñen importantes consecuencias medioambientes, aumenta o consumo de enerxía e as emisións de CO2, mentres que un uso máis intelixente das materias primas pode reducir as emisións contaminantes.
Cales son os beneficios?
Medidas como a prevención de residuos, o deseño ecolóxico e a reutilización poderían aforrar diñeiro ás empresas da UE mentres se reduce o total anual de emisións de gases de efecto invernadoiro. Actualmente, a produción dos materiais que usamos diariamente son responsables do 45% das emisións de CO2.
Avanzar cara a unha economía máis circular podería xerar beneficios como reducir a presión sobre o medioambiente, mellorar a seguridade de subministración de materias primas, estimular a competitividade, a innovación, o crecemento económico (un 0,5% adicional do PIB) e o emprego (crearíanse uns 700.000 traballos só na UE para 2030).
Tamén pode proporcionar aos consumidores produtos máis duradeiros e innovadores que brinden aforros monetarios e unha maior calidade de vida, por exemplo, se os teléfonos móbiles fosen máis fáciles de desmontar o custo de volvelo a fabricar podería reducirse á metade.
Que fai a UE para conseguir unha economía circular?
A Comisión Europea presentou en marzo de 2020 o plan de acción para a Economía Circular que ten como obxectivo produtos máis sostibles, a redución de residuos e o empoderamento dos cidadáns (como o “dereito para reparar"). Préstase especial atención aos sectores intensivos en recursos, como a electrónica e as TIC, os plásticos, os téxtiles ou a construción.
En febreiro de 2021, o Parlamento votou o plan de acción sobre economía circular e demandou medidas adicionais para avanzar cara a unha economía neutra en carbono, sostible, libre de tóxicos e completamente circular en 2050. Estas deben incluír leis máis estritas sobre reciclaxe e obxectivos vinculantes para 2030 de redución da pegada ecolóxica polo uso e consumo de materiais.
En marzo de 2022, a Comisión deu a coñecer o primeiro paquete de medidas para acelerar a transición cara a unha economía circular, como parte do plan de acción de economía circular. As propostas inclúen o impulso dos produtos sostibles, o empoderamento dos consumidores para a transición verde, a revisión da normativa sobre produtos da construción e unha estratexia sobre téxtiles sostibles.
En novembro de 2022, a Comisión propuxo novas normas sobre envases para toda a UE, que inclúe propostas para mellorar o deseño dos envases, como unha etiquetaxe clara, para fomentar a reutilización e a reciclaxe. Ademais, defende a transición a plásticos de base biolóxica, biodegradables e compostables.
Normativa de referencia
- Decisión (UE) 2022/591 del Parlamento Europeo y del Consejo de 6 de abril de 2022 relativa al Programa General de Acción de la Unión en materia de Medio Ambiente hasta 2030. PE/83/2021/REV/1. DOUE L 114, 12/04/2022. [Eur-Lex].
- Reglamento (UE) 2021/1229 del Parlamento Europeo y del Consejo de 14 de julio de 2021 relativo al instrumento de préstamo al sector público en el marco del Mecanismo para una Transición Justa. PE/33/2021/REV/1. DOUE L 274 de 30/07/2021. [Eur-Lex].
- Reglamento (UE) 2021/1056 del Parlamento Europeo y del Consejo de 24 de junio de 2021 por el que se establece el Fondo de Transición Justa. PE/5/2021/REV/1. DOUE L 231. 30/06/2021. [Eur-Lex].
- Reglamento (UE) 2021/241 del Parlamento Europeo y del Consejo de 12 de febrero de 2021 por el que se establece el Mecanismo de Recuperación y Resiliencia. DOUE L 57 de 18/02/2021. [Eur-Lex].
- Reglamento (UE) 2020/852 del Parlamento Europeo y del Consejo de 18 de junio de 2020 relativo al establecimiento de un marco para facilitar las inversiones sostenibles y por el que se modifica el Reglamento (UE) 2019/2088. PE/20/2020/INIT. DOUE L 198 de 22/06/2020, [Eur-Lex].
- Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones. Nuevo Plan de acción para la economía circular por una Europa más limpia y más competitiva. COM/2020/98 final. Bruselas 11/03/2020. [Eur-Lex]
- Reglamento (UE) 2019/2088 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de noviembre de 2019 sobre la divulgación de información relativa a la sostenibilidad en el sector de los servicios financieros (Texto pertinente a efectos del EEE). DOUE L 317 de 9/12/2019. [Eur-Lex].
- Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones El Pacto Verde Europeo. COM/2019/640 final [Parte 1/2]. Bruselas: Comisión Europea. 11/12/2019. COM (2019) 640 final. [Enlace-EC].
- Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones El Pacto Verde Europeo. COM/2019/640 final [Parte 2/2]. Bruselas: Comisión Europea. 11/12/2019. COM (2019) 640 final. [Enlace-EC].
- Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo, al Comité de las Regiones y al Banco Europeo de Inversiones. Un planeta limpio para todos. La visión estratégica europea a largo plazo de una economía próspera, moderna, competitiva y climáticamente neutra. COM (2018). 773 final. Bruselas 28/11/2018. [Eur-Lex].