Estación Científica do Courel (ECC)


Presentación


A Estación Científica do Courel (O Courel, Lugo) creouse cos obxectivos de potenciar a interdisciplinariedade e a cooperación entre grupos de investigación en áreas como a ecoloxía, a biodiversidade, o medio ambiente, os sistemas agrarios, o desenvolvemento rural e a xestión de espazos naturais.
 
Como centro localizado nun entorno rural de montaña (Parroquia de Seoane do Courel, Concello de Folgoso do Courel, Provincia de Lugo, Galicia) contribúe ao propio desenvolvemento da comarca na que está situado, posibilitando a realización de proxectos de investigación aplicada. As instalacións da Estación son tamén un polo cultural e formativo converténdose nun dinamizador da vida social da súa contorna.
 
A confluencia de obxectivos entre a Estación Científica do Courel e o IBADER, e a fin de fortalecer dende unha xestión maís racional e descentralizada das actividades de ambas entidades, tanto no eido da investigación como nos da divulgación científica e formación, determinaron a decisión do Consello de Goberno da Universidade de Santiago (26/04/2024) de adscribir a Estación Científica do Courel (Estación Biolóxica do Courel) ao IBADER.
 
Deste xeito, desde o 26/04/2024, a Estación Científica do Courel [EC-Courel] é unha unidade integrada e dependente funcionalmente do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). A dirección e xestión da Estación, como unidade adscrita ao IBADER, corresponde á dirección do Instituto. A dirección do IBADER regula, acorde coa normativa da USC, a utilización das dotacións da Estación, tanto das actividades de investigación como docentes e de extensión universitaria, promovendo o seu uso de forma racional e sostible

 
Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader