Banco de Datos

Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde



En España, a Lei 33/2015, do 21 de setembro, modificou a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade [Enlace: BOE], introduce a Infraestrutura verde, a cal queda recollida no novo Capítulo III da Lei, onde se indica no seu único artigo:


Lei 42/2007, do 13 de decembro, modificada pola Lei 33/2015, do 21 de setembro

CAPÍTULO III

Estratexia estatal de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas

Artigo 15. Do Marco estratéxico da Infraestrutura Verde e da conectividade e restauración ecolóxicas.

1.- Para garantir a conectividade ecolóxica e a restauración do territorio español, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, coa colaboración das comunidades autónomas a través da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, e doutros ministerios implicados, elaborará, nun prazo máximo de tres anos a contar desde a entrada en vigor da presente lei, unha Estratexia estatal de infraestrutura verde, e da conectividade e restauración ecolóxicas, que incorporará unha cartografía adecuada que permita visualizar graficamente a mesma. Esta estratexia, previo informe do Consello Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, e da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, será aprobada mediante orde conxunta, a proposta dos ministerios que participasen na súa elaboración e publicada no “Boletín Oficial do Estado”.

2.- A Estratexia estatal de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas terá por obxectivo marcar as directrices para a identificación e conservación dos elementos do territorio que compoñen a infraestrutura verde do territorio español, terrestre e mariño, e para que a planificación territorial e sectorial que realicen as Administracións públicas permita e asegure a conectividade ecolóxica e a funcionalidade dos ecosistemas, a mitigación e adaptación para os efectos do cambio climático, a desfragmentación de áreas estratéxicas para a conectividade e a restauración de ecosistemas degradados.

3.- A Estratexia estatal de infraestrutura verde terá en especial consideración, entre outros, os espazos protexidos, hábitats en perigo de desaparición e de especies en perigo de extinción, áreas de montaña, cursos fluviais, humidais, vías pecuarias, correntes oceánicas, canóns submarinos, os roteiros migratorios que faciliten a conectividade, e os sistemas de alto valor natural orixinados como consecuencia das boas prácticas aplicadas polos diferentes sectores económicos, así como os hábitats prioritarios a restaurar, os terreos afectados polos bancos de conservación da natureza e os instrumentos utilizados polas administracións competentes na aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, feito en Florencia o 20 de outubro do ano 2000.

4.- Baseándose nas directrices da Estratexia estatal, as comunidades autónomas desenvolverán, nun prazo máximo de tres anos a contar desde a aprobación da devandita Estratexia estatal, as súas propias estratexias, que incluirán, polo menos, os obxectivos contidos na estratexia estatal.


Establecido o marco normativo, o Ministerio [para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico], coa colaboración das comunidades autónomas a través da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, e doutros ministerios implicados, elaborou a Estratexia estatal de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas. A cal foi aprobada, previo informe do Consello Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, e da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, mediante orde conxunta, a proposta dos ministerios que participaron na súa elaboración, sendo publicada no Boletín Oficial do Estado de xullo de 2021 (Orde PCM/735/2021, do 9 de xullo, pola que se aproba a Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas. BOE núm. 166, do 13 de xullo de 2021). [Enlace: BOE].

O articulo 15.1 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade [Enlace: BOE], indica no seu artigo 15.1 que: «Para garantir a conectividade ecolóxica e a restauración do territorio español, elaborará, nun prazo máximo de tres anos a contar desde a entrada en vigor da presente lei, unha, que incorporará unha cartografía adecuada que permita visualizar graficamente a mesma.

O apartado 2 do artigo 15 sinala que a Estratexia estatal para a infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas terá por obxectivo marcar as directrices para a identificación e conservación dos elementos do territorio que compoñen a infraestrutura verde do territorio español, terrestre e mariño, e para que a planificación territorial e sectorial que realicen as Administracións públicas permita e asegure a conectividade ecolóxica e a funcionalidade dos ecosistemas, a mitigación e adaptación para os efectos do cambio climático, a desfragmentación de áreas estratéxicas para a conectividade e a restauración de ecosistemas degradados.


Pola súa banda, o apartado 3 do artigo 15, establece algúns criterios orientadores e prioridades ao establecer que «A Estratexia estatal de infraestrutura verde terá en especial consideración, entre outros, os espazos protexidos, hábitats en perigo de desaparición e de especies en perigo de extinción, áreas de montaña, cursos fluviais, humidais, vías pecuarias, correntes oceánicas, canóns submarinos, os roteiros migratorios que faciliten a conectividade, e os sistemas de alto valor natural orixinados como consecuencia das boas prácticas aplicadas polos diferentes sectores económicos, así como os hábitats prioritarios a restaurar, os terreos afectados polos bancos de conservación da natureza e os instrumentos utilizados polas administracións competentes na aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, feito en Florencia o 20 de outubro do ano 2000. [Enlace: BOE]

Finalmente, no seu apartado 4, o citado artigo 15 prevé o desenvolvemento desta estratexia estatal nos correspondentes ámbitos territoriais autonómicos ao sinalar que: Baseándose nas directrices da Estratexia estatal, as comunidades autónomas desenvolverán, nun prazo máximo de tres anos a contar desde a aprobación da devandita Estratexia estatal, as súas propias estratexias, que incluirán, polo menos, os obxectivos contidos na estratexia estatal.

A Orde PCM/735/2021, do 9 de xullo, pola que se aproba a Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas (BOE núm. 166, do 13 de xullo de 2021) [Enlace: BOE], ten natureza de resolución de carácter gobernativo ditada en exercicio do poder de dirección dos sectores da actividade administrativa, segundo establece o artigo 61 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Para dar cumprimento a este precepto legal, o Ministerio encargou en 2015 ao Consello Superior de Investigacións científicas (CSIC) a elaboración dunhas: Bases científico-técnicas da Estratexia Estatal de Infraestrutura Verde e Conectividade e Restauración Ecolóxicas (Descarga; Ministerio), que serviron de base para a elaboración da Estratexia Nacional.

Así mesmo, creouse en 2017, no seo do Comité de Espazos Naturais Protexidos da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, un Grupo de Traballo da Infraestrutura Verde, coa participación do Ministerio, as comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla e a Federación Española de Municipios e Provincias, coa función principal de elaborar e acordar a Estratexia.


A elaboración desta Estratexia Nacional realizouse, coa participación dos distintos departamentos ministeriais implicados e en concreto, os de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; Defensa; Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana; Industria, Comercio e Turismo; Agricultura, Pesca e Alimentación; e Política Territorial e Función Pública. Efectuándose a colaboración das Comunidades Autónomas, a través da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, así como coa doutros ministerios implicados.

Ademais, consultouse ás entidades representativas dos sectores afectados e someteuse o proxecto ao trámite de participación pública en materia de medio ambiente. Así mesmo, a Estratexia foi informada favorablemente o Comité de Espazos Naturais Protexidos, a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, o Consello Estatal do Patrimonio Natural e a Biodiversidade e da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente do 30 de setembro de 2019.

O documento da: Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas [Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde], foi aprobado polo Consello de Ministros o 27/10/2020 e posteriormente publicada mediante a Orden PCM/735/2021, de 9 de julio, por la que se aprueba la Estrategia Nacional de Infraestructura Verde y de la Conectividad y Restauración Ecológicas (BOE 166, 13/07/2021). [Descarga: BOE]. A estratexia apóiase no documento: Bases científico-técnicas para a Estratexia estatal de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas (2017), así como noutros traballos técnicos. [Descarga Estrategia: Ministerio].


Mais información.

  • Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas. [Descarga: Ministerio].
  • Bases científico-técnicas da Estratexia Estatal de Infraestrutura Verde e Conectividade e Restauración Ecolóxicas [Descarga; Ministerio].
  • Guía metodológica infraestructura verde. 2 Edicion. [Descarga: Ministerio].
  • Análisis demostrativo de conectividad ecológica de ecoperfiles de especies en la Península Ibérica. [Descarga: Ministerio]. [Enlace: Web + SIG].
  • Visor Cartográfico Estratexía Nacional de Infraestrutura Verde. [Enlace: Ministerio].




 

 


Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader