Venres, 13 de Maio de 2022

2022/05/13: Universidade de Verán 2022 - Xornadas sobre protección e maltrato animal coa participación do IBADER

 
A Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición da Universidade de Verán, o prazo de matrícula Xornadas sobre protección e maltrato animal que se celebran en Lugo entre os días 15 e 17 de xuño de 2022 e que conta cun amplo elenco de docentes, cunha dilatada experiencia no campo da protección e do benestar animal.
  • Xornadas sobre protección e maltrato animal 
A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de un crédito ECTS, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso. Así mesmo os asistentes recibiran un diploma acreditativo.

EQUIPO DOCENTE DAS XORNADAS:

Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de veterinarios de España (CGVE).

María Luisa Suárez Rey. Xefa de servizo de Medicina Interna do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. 

Yolanda Gómez Saavedra. Veterinaria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. 

Óscar Cacharrón Mojón. Veterinario da Consellería do Medio Rural. 

Jesús Casabiell Pintos. Profesor titular de Fisioloxía. Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

Marcio Vargas Ramella. Profesor da Universidade do Estado de Santa Catarina (UDESC). Brasil. 

María Lourdes Sanmartín Sánchez. Comandante veterinario no centro de apoio loxístico de operacións, división de Operacións do Estado Maior do Exército de Terra. 

Lucia Belver Quiroga. Avogada da Consellería do Medio Rural. 

Lucía Girón Conde. Fiscal delegada en Lugo da Rede Española de Fiscais de Medio Ambiente, Urbanismo, Patrimonio Histórico e Maltrato animal. 

Luis Villares Naveira. Maxistrado da sala do Contencioso-Administrativo. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

María Rey Campos. Coordinadora Departamento Calidade Agroalimentaria e Proxectos de I+D+i de AGACA.

Mais información e matrícula: 
https://www.usc.gal/es/servizos/cultura/veran/index.html


Actividade financiada por:


 
2022/05/13: Universidade de Verán 2022 - Xornadas sobre protección e maltrato animal coa participación do IBADER
Compartir
 
Voltar