Martes, 25 de Outubro de 2022

2022/10/25: Presentada a Monografía “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia”

 
O pasado Luns 24 de outubro, tivo lugar no IBADER o acto de presentación da Monografía “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia” encadrada na Serie Biodiversidade das Monografías do IBADER.

Na presentación participaron o deputado provincial D. Roberto Fernández Rico, Deputado da Área de Recursos Sostibles, Pablo Ramil rego, Director do IBADER, e o Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Rigueiro Rodríguez, quen presentou e comentou os contidos da Monografía. Finalmente, interviron dous dos irmáns e a filla do autor, lembrando a súa memoria.

A monografía está dispoñíbel para a súa descarga en:
 
Monografía Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia

 




2022/10/25: Presentada a Monografía “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia”
Compartir
 
Voltar