Luns, 20 de Febreiro de 2023

2023/02/20: Aberta a convocatoria da VI Edición dos Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial

Aberta a convocatoria  da VI Edición dos Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial 

O premio, convocado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da USC, coa colaboración do Laboratorio do Territorio da USC, abre a súa sexta edición.

Con data de 23 de xaneiro de 2023 abriuse o prazo para presentación de propostas sendo o 
30 de setembro de 2023 a data límite para a recepción de candidaturas (
Acceso as bases da 6 edición). 
 
O profesor Rafael Crecente Maseda (1964-2015) estaba considerado como un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia.

Foi profesor titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, e o seu labor estivo vinculado principalmente á investigación, sendo director do Laboratorio do Territorio e coordinador do Sistema de Información Territorial (SIT) desta universidade. Así mesmo, participou activamente como investigador en países de Latinoamérica, fundamentalmente en Ecuador, lugar no que impulsou un programa de colaboración, así como en convenios con países de Europa central e do leste. Tamén foi consultor da oficina rexional da FAO en Budapest, profesor invitado na Universidade de Múnich e investigador do IBADER adscrito ao Grupo de Investigación 1934 Territorio-Biodiversidade.
 
Na súa homenaxe, creáronse estes premios para impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial.

Acceso as bases da 6 edición
 
 

 
2023/02/20: Aberta a convocatoria  da VI Edición dos Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial
Compartir
 
Voltar