Luns, 24 de Abril de 2023

2023/04/24: Publicada una nueva monografía do IBADER da Serie Biodiversidade en relación co proxecto LIFE BACCATA

O Comité Editorial da revista Recursos Rurais ven de publicar un novo número das Monografías do IBADER na súa serie Biodiversidade. A monografía atópase dispoñible en aberto baixo licenza Creative Comons, para a súa descarga gratuíta en formato pdf. A monografía titulada "Conservación y restauración de los bosques de tejo en Europa". 

Nesta publicación, recompiláronse textos temáticos de carácter técnico, científico ou divulgativo, dando cabida tanto a traballos que proveñen de teses doutorais, traballos fin de grao/máster, revisións, recensións, notas corolóxicas, traballos empíricos (de campo ou laboratorio), comunicacións curtas, etc. En consecuencia, a obra que agora publica o IBADER, a través da súa serie Monografías do IBADER, vén servir como fonte de continuación das xornadas internacionais do tezo celebradas en España entre os anos 2007 e 2014, e contribuír a incrementar o coñecemento e información xerados polos proxectos TAXUS (LIFE11 NAT/É/000711) e LIFE TAXUS (LIFE12 NAT/PT/000950) entre os anos 2014 e 2017.

Enlace á descarga da publicación
2023/04/24: Publicada una nueva monografía do IBADER da Serie Biodiversidade en relación co proxecto LIFE BACCATA
Compartir
 
Voltar