Luns, 19 de Maio de 2025
Curso de Veran USC-RIBEIRA (2025).
.
Curso de Veran-USC: Restauración da natureza: retos, estratexias e propostas de actuación
Este curso organizado polo IBADER fundaméntase nos obxectivos e metas establecidas pola Estratexia Europea de Biodiversidade, a Estratexia Europea de Infraestrutura Verde e o Regulamento Europeo de Restauración Ecolóxica. Estudaranse os aspectos normativos e técnicos e, especialmente, os proxectos e actuacións que se desenvolveron en Galicia a través de distintos proxectos colaborativos nos que participa o profesorado que intervén no curso.
Localización: Corrubedo, Ribeira (A Coruña)
Duración Total: 25 horas.
Matrícula na actividade: 15/05/2025 - 27/06/2025
Desenvolvemento da actividade: 07/07/2025 - 10/07/2025
Número total de prazas: 30
Taxa reducida: Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 70 €
Prezo único (prezo total da actividade) 120 €
Matrícula: Límite de prazas con lista de agarda
Matrícula:
Enlace-USC
Contidos do curso e mais informacion: ENLACE-IBADER