Divulgación e difusión científica



A difusión e a promoción da cultura científica cobran hoxe a maior importancia na implementación de actividades de I+D+i, facilitando a creación dun espazo aberto ao diálogo entre investigadores, profesionais técnicos, estudantes e cidadáns, así como favorecer que a investigación científica levada a cabo no seo do IBADER reverta de maneira frutífera na sociedade.

No ámbito da difusión o IBADER desenvolve diferentes actuacións mediante Publicacións en soporte dixital e papel que se axustan aos principais estándares de calidade editorial e científica, e que se distribúen a través dunha licenza de “Dominio Público” que poden ser empregadas libremente a condición de que se respecte a autoría e a integridade das distintas obras.

Na execución de distintos proxectos de I+D+i nos que participaron os investigadores do IBADER xeráronse distintas noticias, boletíns e informes que poden consultarse a través da páxina do IBADER (principalmente na sección Novas e na sección de Actividades) así como das páxinas oficiais destas actividades. Algúns destes documentos estiveron integrados en procedementos de participación pública aglutinando as súas memorias ou proxectos unha importante e relevante información ambiental, polo que consideramos oportuno incluílos neste apartado de difusión na sección de Estratexias-Plans-Proxectos