IX Edición - Galego



IX Convocatoria
Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial

 
 
Bases da convocatoria: 2026
Aprobadas pola Xunta de Goberno do IBADER
Sesión: 2026/01

 
1.- Obxectivo
Estes premios teñen como obxectivo promover a formulación e a aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial nun sentido amplo en Galicia.
 
2.- Participantes
 
Poderán participar nesta convocatoria:
 
a) De forma individual, todas aquelas persoas que obtiveran o seu título universitario (Grao, Máster ou Tesis Doutoral) nos últimos 10 anos, tomando como referencia a data límite de presentación de propostas a esta convocatoria.
 
b) De forma colectiva, dous o máis persoas poderán presentar os seus traballos sempre que o primeiro asinante cumpra cos criterios establecidos no punto anterior.
 
No caso de estudantes que estean cursando un dobre grao e ainda non teñan titulación por non ter finalizado os dous graos tras as correspondentes defensas de ambos Traballos Finais de Grao (TFG), se un deles xa o ten aprobado, poderase admitir a súa participación.
 
Non poderán presentarse a esta convocatoria as personas que foran premiadas en edicións anteriores destes Premios.
 
3.- Carácter de los premios
 
Concederanse dous premios, un primeiro e un segundo, con recoñecemento formal mediante un diploma acreditativo e unha cuantía económica de 2.000 e 1.000 euros respectivamente. A dotación dos premios realizarase a través da partida orzamentaria IBADER-USC.
 
As propostas premiadas poderán ser difundidas total ou parcialmente a través dos medios de difusión que se designen polos organizadores dos Premios.
 
4.- Prazos
 
O prazo de presentación de propostas, comenza a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela [https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm], accesible a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela [https://sede.usc.es/sede/publica/index.htm]. Finalizando o prazo de presentación de propostas o 30 de setembro de 2026.
 
5.- Presentación de propostas
 
Soamente serán admitidas as propostas presentadas no Rexistro Electrónico da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, a través do seguinte procedimento:
 
Despois de acceder a [Sede electrónica / Servizos persoais / Rexistro Electrónico], as e os participantes terán que presentar unha “Solicitude Xeral” dirixida ao órgano “Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural” indicando no asunto da solicitude: “Premios de Investigación Rafael Crecente 2026”, expoñendo a súa vontade de participar nesta convocatoria, e solicitando ser admitido/a nela.
 
Con esta solicitude terán que anexar a través da propia aplicación a seguinte documentación en formato electrónico (PDF): Memoria, Anexo I, Anexo II e Currículum vitae.
 
a) Memoria
 
As propostas, no ámbito do desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial, poderán corresponder:
 
a.1.) A un traballo académico (Traballo Final de Grao, Traballo Final de Máster, Tese Doutoral) presentado polo seu autor/a ou polo seu autor/a e os seus directores/as, nos que o autor/a deberá cumprir co establecido no apartado 2 desta convocatoria.
 
a.2.) A traballos técnicos, iniciativas, proxectos en fase de proposta ou xa executados, ou ideas orixinais, onde o autor/a ou autores/as deberán destacar o seu carácter novidoso, explicando dónde reside o compoñente de innovación e en qué medida a proposta contribúe á iniciativa máis alá do que xa existe. Nesta segunda modalidade tamén se deberán cumprir os aspectos indicados no apartado 2 desta convocatoria.
 
Ainda que os premios buscan ideas innovadoras que poidan inspirar e mellorar a xestión territorial en Galicia, o ámbito das propostas non se limita a esta comunidade autónoma. Neste sentido, acéptanse propostas procedentes de fora deste territorio, sempre que se detalle e fagan referencia explícita a súa aplicabilidade e/ou viabilidade para o contexto galego. Por exemplo, indicando ata que punto a proposta é replicable en Galicia, cal pode ser a aportación da idea ao contexto galego, que factores poden favorecer ou dificultar a súa aplicabilidade, etc.
 
Recoméndase que a memoria teña unha extensión máxima de 100.000 caracteres, sen incluir espazos, e un tamaño A4. Poderá presentarse en galego ou castelán, e incluirá un resume en galego, castelán e inglés dun máximo de 150 palabras. No caso de traballos académicos (Final de Grao, Máster, Tese Doutoral) poderase presentar a memoria orixinal ou un extracto desta, ainda que se a idea presentada non se corresponde coa totalidade do recollido neste traballo académico, senon con algunhas das súas partes ou conclusións, dita memoria deberá adxuntarse como un anexo e centrar o tema nunha memoria breve específica (Anexo II).
 
b) Anexo I. Solicitude de Participación e Declaración Responsable
 
A solicitude de participación formalizase a través do Anexo I, que unha vez cumprimentado e asinado constitúe unha declaración de responsabilidade das persoas participantes en relación cos datos consignados, así como sobre a autenticidade e orixinalidade dos documentos presentados. De modo que a inexactitude ou falsedade destes determinará a descalificación da proposta.
 
O IBADER resérvase o dereito de solicitar ás persoas participantes, en calquera momento do procedimento y especialmente antes da entrega do premio, a documentación oficial que xustifique a veracidade dos datos aportados. A negativa a presentar dita información nun prazo de 5 días hábiles, ou a inadecuación desta, implicará a descalificación automática e a perdida do dereito ao premio.
 
c) Anexo II. Resume da proposta
 
Todas as persoas candidatas deberán adxuntar un resume de dúas páxinas según o formato establecido no Anexo II, indicando no seu encabezado o título e os autores/as da proposta. Neste resume realizarase unha breve descrición do proxecto de forma esquemática e visual, incluindo diagramas, fotografías ou outros elementos gráficos de apoio. O resume da proposta terá unha finalidade divulgativa.
 
d) Currículum vitae
 
A persoa candidata deberá adxuntar un currículum vitae resumido de 2 páxinas máximo, no que conste expresamente o nome e a data de obtención do título ou títulos universitarios (Grao, Máster ou Tesis Doutoral) co que accede á convocatoria. Recoméndase o emprego do formato de Curriculum Vitae Normalizado da FECYT [https://editor.cvn.fecyt.es/editor/#HOME].
 
6.- Comité de Avaliación
 
O Consello Científico do IBADER desempeñará as funcións de Comité de Avaliación das propostas, apoiándose no asesoramento dunha Comisión Externa de Expertos, que trasladará as súas propostas ao Consello Científico do IBADER.
 
O Consello Científico do IBADER terá a competencia de interpretar as bases desta convocatoria. E de ser necesario, poderá modificar os prazos de presentación de propostas, modificación que será publicada na páxina web do IBADER e difundida por distintos medios.
 
O Consello Científico do IBADER aprobará unha lista priorizada das propostas presentadas, indicando os correspondentes ao primeiro e segundo premio. Asimesmo, en atención á calidade das propostas, poderá formular unha mención honorífica a aquelas que considere de especial interese. O ditame do Consello Científico do IBADER será comunicado aos participantes, e será de carácter inapelable.
 
O ditame emitido polo Consello Científico do IBADER farase público preferentemente durante o mesmo curso académico que coincida coa convocatoria. A ceremonia formal de premiación levarase a cabo na data e o lugar que se anunciará oportunamente.
 
Ante a publicación da resolución da convocatoria por parte do Consello Científico do IBADER, que agota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses a partir do día siguiente á data de publicación oficial no taboleiro de anuncios electrónico, de conformidade cos artígos 46 e 8 da Lei da Xurisdicción Contenciosa Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, de 13 de xullo. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición dentro do plazo dun mes ante o organismo que o dictou. Neste caso, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo antes indicado mentras non exista resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao amparo dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedimento Administrativo Común das Administracións Públicas.
 
7.- Criterios de valoración
 
O Comité de Avaliación analizará a orixinalidade, así como a calidade científica e/ou técnica da proposta. Considerando, entre outros aspectos, a súa aplicabilidade, a súa posible contribución ao uso racional e sostible do territorio e dos recursos naturais, a súa vinculación co desenvolvemento do medio rural e a mellora da calidade de vida. Asimesmo, valorarase a calidade de exposición e claridad do documento presentado.
 
Respecto dos traballos en ámbitos territoriais distintos ao galego, a maiores do anterior, se terá en conta a viabilidade e aplicabilidade en Galicia.
 
8.- Dereitos das persoas candidatas
 
Os dereitos de propiedade intelectual serán dos seus autores/as con excepción dos dereitos de divulgación, que corresponderán ás entidades convocantes deste Premio.
 
As entidades convocantes deste Premio poderán divulgar as propostas presentadas, e en particular o resume e as imaxes da proposta conforme ao formato descrito no apartado 5 desta convocatoria, por calquera medio audiovisual. Como mínimo, publicarase na páxina web do IBADER (https://www.ibader.gal/) e na páxina web do Laboratorio do Territorio (http://laborate.usc.es/). En todo momento indicarase a autoría das propostas, informando sobre os dereitos de propiedade intelectual asociados ás mesmas.
 
9.- Datos persoais
 
De conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD), os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán tratados polo IBADER (Universidade de Santiago de Compostela) coa única finalidade de xestionar, resolver e dar publicidade á concesión dos Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial.
 
Os datos das personas participantes e a información asociada non será cedida a terceiros salvo por obriga legal. A persona participante pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición dirixíndose por escrito á sede do IBADER [ibader@info.gal], ou da propia Universidade de Santiago de Compostela [protecciondatos@usc.gal]. Para máis información, pode consultar a política de privacidade e protección de datos da Universidade de Santiago de Compostela [https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos].
 
10.- Información de Contacto
 
Para calquera aclaración ou solicitude de máis información relativa a esta convocatoria poden poñerse en contacto co IBADER preferentemente a través do correo electrónico: premio.rafalcrecente@usc.es.
 
11.- Aceptación das bases
 
As personas participantes aceptarán incondicionalmente as bases da presente convocatoria.