NOTA.-- Este apartado inclúe unicamente as disposicións, plans e instrumentos da Rede Natura 2000 aprobados pola Comunidade Autónoma de Galicia. As disposicións xerais sobre a Rede Natura 2000 aprobadas pola Unión Europea e do Estado deben consultarse no apartado:
Rede Natura 2000 desta mesma páxina web [Ligazón:
Ibader]. Do mesmo xeito que a información relativa aos Espazos Protexidos Natura 2000 declarados pola Administración Xeral do Estado as áreas costeiras próximas a Galicia.
1.- Disposicións, estratexias e plans de ámbito Galego
A Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia [DOG 149, 7/08/2019. (Descarga
DOG)] declarou ás áreas protexidas da Rede Natura 2000 de ámbito autonómico, como
ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS, incluíndoos nunha nova figura denominada
Espazos Protexidos Rede Natura 2000, derrogando a categoría de
Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (
ZEPVN) establecida na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza [DOG 171, 04/09/2001. (Descarga:
DOG)].