Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
1.- Datos básicos
Denominación oficial: Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Data de declaración: 28 de mayo de 2013.
Superficie: 114.359,57 ha terrestres y 2.866,45 ha marinas.
Ubicación: Provincia de A Coruña. Comunidad Autónoma de Galicia.
Municipios: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada y Sobrado.
Poboación: 189.902 habitantes.
Entidade xestora: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos.
Dirección: San Marcos, s/n 15318 Abegondo (A Coruña).
Teléfono: 981 66 95 41
Correo electrónico:
info@marinasbetanzos.gal
xerencia@marinasbetanzos.gal
Outras figuras de proteción:
Zonas de Especial Conservación (ZEC) da Rede Natura 2000 (4).
Monumento Natural (1).
Rexión/Provincia bioxeográfica: Eurosiberiana/ Europea- Atlántica
2.- Documentos oficias
Designación oficial
La Reserva de Biosefera Mariñas Coruñesas fue declara por la
la UNESCO en la XXV reunión del Consejo Internacional de Coordinación del Programa MaB, celebrada en la sede de la UNESCO en París del 27 al 30 de mayo de 2013.
Candidatura da Reserva de Biosfera presentada a UNESCO:
Blanco Ballón, J.M., Crecente Maseda, R. & Vales Vázquez, C. (Coord) (2012). Propuesta de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Documento técnico presentado ante la UNESCO (Paris). p 266. (Descarga: IBADER).
Regulamento e Plan de Xestión da Reserva:
1.- Plan de Xestion (2012-2022)
La candidatura de la Reserva de Biosfera de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” incluye un Plan de Gestión para el período 2013–2022. El documento fue sometido a trámite de participación e información pública, siendo posteriormente evaluado por la UNESCO junto con el resto de la información que cofigura la candidatura. La propuesta fue finalmente valorada positivamente en la XXV Reunión del Consejo Internacional de Coordinación del Programa MaB, celebrada en la sede de la UNESCO en París del 27 al 30 de mayo de 2013.
El Plan de Gestión (2013-2022) incluido en la memoria declarartiva fue fruto de la participación y consenso de los agentes del territorio y de las entidades con competencias en la Reserva de la Biosfera, siendo la participación un principio impulsado desde la UNESCO en el desarrollo del Programa MaB. Hay que destacar el enfoque de abajo a arriba en la formulación de este Plan de Gestión, resultado del debate y la participación de las Mesas Sectoriales y la Junta Directiva de la A.D.R.“Mariñas-Betanzos”, del Consello de Dirección, Comités Científico y de Participación, las Comisiones Técnicas de la Reserva de la Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, así como el público interesado en general.
2- Plan de Xestión (2022-2032)
3.- Informes e publicacións
4.- Descripción xeral da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
A Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" localízase no ámbito do litoral cántabroatlántico de Galicia, no Noroeste da Península Ibérica. Este territorio componse principalmente de dúas grandes concas hidrográficas, e nela, podemos atopar desde paisaxes de horta ata paisaxes de montaña que souberon conservar os seus valores culturais e etnográficos en harmonía coa conservación do medio natural.
A Reserva inclúe a totalidade de 17 municipios, cuxa poboación suma practicamente 190.000 habitantes.
As dúas cuncas principais son as do Mandeo (482 Km2) e Mero (376 Km2), que presentan un relevo suave e están practicamente integradas nos límites do territorio da Reserva, supoñendo algo máis do 75% de superficie da mesma.
Unha das singularidades de maior interese dentro do Litoral Cántabro-Atlántico, e nesta Reserva de Biosfera, é a presenza das Rías. Estas son profundos entrantes na costa, xerados polas inundacións de relevos nun val fluvial e que albergan unha gran biodiversidade.
4.1.- PATRIMONIO NATURAL
Ao longo das 116.724,3 ha que conforman a Reserva, existe unha gran riqueza natural e biodiversidade que conviviron en harmonía coas prácticas tradicionais e culturais do territorio.
Riqueza floral e faunística da Reserva
A variedade de paisaxes alberga unha gran riqueza de especies, en moitos casos especialmente ameazadas e endemismos de gran singularidade. Os cursos dos ríos Mandeo e Mero manteñen corredores fluviais e complexos húmido turbosos de elevado grao de naturalidade. É aquí, onde podemos atopar fentos paleotropicales, considerados auténticos fósiles viventes, chairas encharcadas, estanques e lagoas temporais ou permanentes. Neste tipo de hábitats tamén se poden observar entre as alisedas riparias e os robledales termófilos de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Estes bosques que manteñen unha estrutura e funcionalidade próxima á naturalidade, con especies caducifolias persisten acantonados en vales e son coñecidos popularmente en Galicia como fragas.
Paisaxes de mar e montaña.
Na Reserva pódense atopar paisaxes litorais como cantís, illas, chairas litorais, praias, dunas, estuarios, marismas ou lagoas. Estes medios, aglutinan 830,8 ha incluíndo máis de 109 Km de liña de costa atlántica. Doutra banda na zona de montaña nacen e encáixanse os principais ríos, dando lugar a un armazón de unidades paisaxísticas que albergan unha elevada riqueza de ecosistemas e poboacións de especies de interese para a conservación, en especial "bosques de ribeira".
4.2.- PATRIMONIO CULTURAL E PAISAXE
Os elementos máis antigos atopados na Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" proveñen de culturas megalíticas e castrexas, e están representados por túmulos, dolmens/dólmenes, petróglifos, arte rupestre e castros.
Un cruzamento de camiños cara a Compostela ambientado en belas paraxes
O Camiño de Santiago é un referente mundial e o feito de que o territorio estea atravesado polo Camiño Inglés e o Camiño Norte constitúe un dos eixos vertebradores dun patrimonio histórico e cultural de gran interese. Á parte do Camiño de Santiago, existe unha importante vía romana de comunicación entre importantes cidades, denominada Vía Romana XX (Itinerario de Antonino), tamén chamada Per Tola Marítima e que ía desde Astorga ata O Porto. Cabe destacar tamén, o patrimonio arquitectónico relixioso da Reserva de Biosfera, destacando as súas numerosas igrexas e capelas diseminadas por todo o territorio, nas que se recollen elementos de decoración e culto como tallas, esculturas e retablos.
En canto á arquitectura civil, os Pazos e os seus xardíns asociados teñen unha importante representación no ámbito da Reserva.
Desta cultura chegaron ata a actualidade restos dos poboados fortificados, normalmente situados en zonas altas, os denominados Castros. Na Reserva de Biosfera existen numerosas representacións destes asentamentos, algúns conservanse actualmente sen sufrir modificacións substanciais na súa estrutura, mentres que noutras ocasións foron soporte doutras culturas que deixaron o seu sinal unicamente na toponimia local.
4.3.- SOCIOECONOMÍA DA RESERVA
Os municipios con maior densidade de poboación son Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada, localizados na zona costeira da Reserva e que conforman a área inmediata ao municipio da Coruña. Por outra banda os municipios menos poboados, con densidades inferiores á metade da media autonómica, sitúanse cara ao interior da provincia e son Aranga, Curtis, Irixoa, Oza- Cesuras e Sobrado, a unha altitude media de 500 m. Aínda que é un territorio socioeconómicamente dinámico séguense mantendo, principalmente nas zonas de interior, prácticas agrícolas (sobre todo horta), gandeiras e producións forestais.
Séguense conservando cultivos ancestrais como a vide, destacando as ladeiras da desembocadura do río Mandeo (municipios de Paderne, Betanzos e Bergondo) que foron intensamente cultivadas desde hai séculos.
Nos últimos anos, o viño desta zona está a vivir un proceso de recuperación de castes autóctonas (Blanco Lexítimo) e de modernización, así como un recoñecemento institucional coa denominación "Viño dá Terra de Betanzos".
A proximidade ao mar leva asociada unha ampla variedade de produtos, tanto de capturas pesqueiras como marisqueiras. Isto propiciou que boa parte da poboación se dedicáse á pesca e ao marisqueo desde tempos remotos.
Doutra banda, os municipios máis próximos á cidade da Coruña destacan polo seu dinamismo socioeconómico e a súa maior densidade de poboación, coincidindo coa franxa costeira.
4.4.- CONTRIBUCIÓN DA RESERVA Ó DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
A Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" ocupa o primeiro lugar en España, en canto a número de habitantes (190.000 habitantes). O dinamismo socioeconómico do territorio e a súa proximidade á cidade da Coruña condicionan a estratexia de desenvolvemento desta Reserva, incorporando o fomento do espírito emprendedor, ligado á "Economía e Emprego verde", e promovendo o compromiso das institucións, sociedade e empresas co uso eficiente e sostible dos recursos, a loita contra o cambio climático, as economías de proximidade, o crecemento intelixente, integrador e a cohesión social.
O traballo en rede cos axentes do territorio e os da investigación e innovación, a existencia dun programa de axudas de desenvolvemento rural como é o Programa LEADER ou a dispoñibilidade de recursos locais, son clave para a posta en marcha de novos proxectos emprendedores e a creación de emprego.
Desde o ente xestor da Reserva vén traballando na identificación de oportunidades e xacementos de "Emprego verde", así como na formación, apoio e seguimento de emprendedores e os seus proxectos.
Liñas de traballo destacadas no ámbito do desenvolvemento sostible:
Fomento e apoio ao "Emprego/emprendemento verde".
Fortalecemento e impulso das economías de proximidade.
Impulso ás estratexias de Responsabilidade Social Empresarial.
Loita contra o cambio climático, fomento do aforro e eficiencia enerxética no ámbito e empresas locais.
Posta en valor e promoción das producións agroalimentarias locais, e fomento da súa comercialización nos circuítos curtos.
Apoio aos procesos de Custodia do Territorio e mellora paisaxística.
4.5.- USO PUBLICO E TURISMO
Na Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" existe un valioso patrimonio natural e cultural que dá lugar ao desenvolvemento de distintas actividades de lecer, deportivas ou de entretemento. O sendeirismo constitúe unha actividade relevante na Reserva, contando cunha rede de roteiros que percorren varios dos municipios da Reserva de Biosfera, configurando un "anel verde" que une os espazos naturais, áreas recreativas e lugares de maior interese patrimonial.
Por outra banda, desde o Proxecto Mandeo valorizáronse diversos percorridos na conca deste río, creándose itinerarios sinalizados, algúns deles con materiais interpretativos e accesibles, que resultan de gran interese para o desenvolvemento de actividades de educación e sensibilización sobre os valores naturais e culturais desta contorna.
A Reserva ofrece un amplo abanico de posibilidades turísticas, desde instalacións de calidade para hospedarse; gastronomía local comprometida coas producións agroalimentarias e os produtos do mar; actividades de lecer complementario que axudan a coñecer mellor os valores ambientais da Reserva de Biosfera, así como unha ampla oferta de visitas guiadas por conxuntos históricos e xardíns.
En canto a gastronomía, destacan especialmente os produtos do mar, as variedades locais de hortalizas e froitas, as carnes de razas autóctonas, ou o Viño da Terra de Betanzos que destacan pola súa calidade e dotan á zona dunha personalidade propia.
Doutra banda, existen multitude de festas, exaltacións e degustacións gastronómicas que complementan a oferta turística da Reserva.
Para coñecer máis sobre a Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo": http://marinasbetanzos.gal/es/