2025/12/19: Publícanse as monografías da Estratexia de Infraestrutura Verde e as Bases Científico-Técnicas
No marco do proxecto Entre Sar e Sarela, publícanse as monografías da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela en galego e castelán, así como o documento de Bases Científico-Técnicas que sustenta e orienta o conxunto da proposta.
As monografías da Estratexia recompilan nun único documento a estratexia aprobada polo Concello, facilitando a súa consulta e difusión como marco común de referencia.
Pola súa parte, as Bases Científico-Técnicas son un documento asociado á Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela. Este documento amplía a información territorial e de diagnóstico do municipio de Santiago de Compostela e, así mesmo, recompila as fontes de datos para a implementación dos indicadores e o seu seguimento.
Esta publicación dá cumprimento á Acción C2 do proxecto, destinada a consolidar e poñer a disposición da cidadanía e dos axentes implicados os documentos de referencia que recollen os criterios, fundamentos e liñas de actuación para a renaturalización e mellora da conectividade ecolóxica no ámbito urbano.
O proxecto “Entre Sar e Sarela. Renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela”, conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.